Que significa esta modificación?.
Que un traballador cunha xornada de 40 horas semanais pode ser despedido se esta 8 días de baixa en 2 meses.
Que efectos ten sobre a saúde esta situación?
- Haberá unha diminución do número de baixas por enfermidade, sobre todo por procesos agudos, en que os propios traballadores serán os que non queiran unha baixa a pesar de estar enfermos, fenómeno este que xa se detectou nos últimos anos, debido ao aumento do paro.
- Como as enfermidades non diminuirán, e máis que probable que as persoas que estean enfermas continúen traballando cos efectos que iso leva asociados: Diminución da capacidade de traballo, problemas na baixa do rendemento e/ou na calidade da produción.
- Un aumento da accidentabilidade porque traballadores coas súas capacidades físicas diminuídas teñen unha maior propensión a padecer accidentes laborais.
- A presenza de traballadores con enfermidades infecto-contagiosas nas empresas serán un risco para a propagación das mesmas na contorna laboral, e nos casos en que os traballadores teñen atención directa aos cidadáns converteranse nun foco de diseminación e contaxio da enfermidade.
Deixando de lado o que significa de perdida de dereitos dos traballadores, esta reforma implica tamén un risco para a saúde dos mesmos directamente e para o conxunto da poboación dun xeito indirecto, xa que vulnera algunhas das leis sobre saúde pública (Lei Xeral de Sanidade, Lei Xeral de Saúde Pública) e o articulo 43 da Constitución que garante o dereito á protección da saúde.
Manuel Martin Garcia
Portavoz SOS Sanidade Pública
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios se publicaran previa moderación por el administrador del blog, no se publicaran aquellos que sean ofensivos o empleen insultos contra terceros.