Blog de la Asociación sin Ánimo de Lucro, PRO SANIDADE DIGNA DE OURENSE, nacida de la constacia y perseverancia de un grupo de personas, trabajadoras en su mayoría de la Sanidad Pública, por la defensa de los hospitales de Piñor y Toén... LA SANIDAD PÚBLICA ES DE TODOS Y TODAS
jueves, 9 de agosto de 2012
Falsedades sobre a financiación da sanidade polos inmigrantes ilegais
Ante as declaracións de diferentes responsables gobernamentais nos que se pretende xustificar a supresión do dereito á asistencia sanitaria aos inmigrantes sen papeis (e a introdución de seguros privados para acceder á atención de saúde) a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública quere comunicar que :
1.- Estas declaracións supón un intento de xustificar a retirada dun dereito humano básico a un colectivo de persoas especialmente vulnerable económica e socialmente, recorrendo a argumentos demagóxicos que poden fomentar o enfrontamento e o rexeitamento social cara aos inmigrantes, algo moi perigoso na actual situación de crise.
2.- É absolutamente falso que os inmigrantes sen papais non realicen achegas económicas para manter a sanidade pública (argumento co que se pretende que a poboación apoie o que se lles retire o dereito á atención sanitaria contemplado na Constitución), xa que o financiamento sanitario realízase en gran parte cunha serie de impostos que gravan o consumo nas diferentes Comunidades Autónomas:
- 35% do IVE recadado
- 100% dos impostos polo xogo
- 40% dos impostos especiais que gravan o consumo de cervexa, alcois e bebidas derivadas, e labores do tabaco.
- 100% do imposto de matriculación
- 100% do imposto de electricidade
- O chamado céntimo sanitario por consumo de gasolinas.
3.- A práctica totalidade destes impostas gravan aos inmigrantes a través do consumo que realizan nas mesmas condiciones que o resto de cidadáns das diferentes CCAA.
4.- Esta estratexia do PP e do Goberno mostran o carácter reaccionario e mentireiro do goberno e do PP que os sostén, que non soamente pretenden retirar ao colectivo de inmigrantes o dereito á saúde contemplado na Constitución senón que non dubidan en utilizar para xustificalo argumentos falsos e xenófobos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios se publicaran previa moderación por el administrador del blog, no se publicaran aquellos que sean ofensivos o empleen insultos contra terceros.