viernes, 3 de mayo de 2013


Ocultamento de pacientes nas listas de espera en Galicia

Acaban de publicarse as Listas de espera cun mes de atraso sobre a data dada a 31/03/13 e novamente seguen coa ausencia de transparencia nun ben público que os usuarios pagan cos seus impostos.
 
Unha nova MENTIRA constátase na publicación das Listas de Espera ao seguir ocultando a Lista de Espera non Estrutural, para evitar plasmar a crúa realidade das listas de espera que os pacientes sofren sen paliativos.
 
Unha nova mentira que descarta a seriedade da Conselleria de Sanidade e os equipos que xestionan os centros hospitalarios do Sergas, xa que nada ten que ver os 32.716 pacientes totais que marca a Web do Sergas co total dos pacientes existentes nos hospitais dependentes do Sergas, dado que oculta ós pacientes da Lista de espera non Estrutural.
 
Asociacion Galega para a Defensa da Sanidade Pública

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios se publicaran previa moderación por el administrador del blog, no se publicaran aquellos que sean ofensivos o empleen insultos contra terceros.