Recentemente publicouse polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social unha información sobre o importe medio que perciben os pensionistas nas diferentes Comunidades Autónomas. Desde a Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública queren alertar de que, de acordo co esta información, en Galicia a pensión media é de 721,78 euros ao mes, un 16% inferior a pensión media do Estado que está en 858,1 euros mensuais. Pero ademais Galicia ocupa o último posto das 17 comunidades autónomas, moi lonxe do Pais Vasco, Madrid e Asturias cuxos pensionistas perciben unha pensión un 30% superior.
Ademais desta desigualdade económica na contía das pensións, a introdución do copago polos medicamentos que antes eran gratuítos e que consumen na súa gran maioría por motivos de idade supuxo unha nova discriminación e unha importante redución no seu escaso nivel de renda (os pensionistas na súa gran maioría padecen enfermidades crónicas polo que consumen un 30% máis medicamentos que o restos da poboación).
Recentes estudos demostran que os pensionistas pagan unha media de 11,18 euros ao mes por medicamentos. Como o 61,4% dos mesmos teñen parella que non percibe outra pensión, o pago mensual por medicamentos das unidades familiares de pensionistas ascende a 22,36 euros ao mes, o que supón unha redución do 3% na súa renda.
Si a estes copagos engadimos o pago polos medicamentos aos que o Goberno retirou todo o financiamento e que consumen sobre todo os enfermos crónicos (para a tose, o estrinximento, as diarreas, as dores de pernas, etc)., próteses e cadeiras de rodas, traslados en ambulancias para recibir rehabilitación ou tratamentos nos hospitais, ou medicamentos especiais, a redución da renda polo copago dos pensionistas galegos pode supoñer entre un 3 e un 5% da mesma, algo tremendamente inxusto e que incrementa a situación de penuria económica deste colectivo.
Desde AGDSP volven esixir a retirada duns copagos na sanidade e unha revisión ao alza das pensións.
Pensión media en euros/mes CCAA
País Vasco
|
1.059,58
|
Madrid
|
1.015,86
|
Asturias
|
1.013,85
|
Navarra
|
976,22
|
Aragón
|
894,76
|
Cantabria
|
893,3
|
Cataluña
|
887,06
|
Castilla y León
|
838,02
|
La Rioja
|
824,21
|
Canarias
|
802,13
|
Castilla-La Mancha
|
800,14
|
Comunidad Valenciana
|
789,41
|
Baleares
|
785,94
|
Andalucía
|
779,98
|
Murcia
|
756,83
|
Extremadura
|
724,87
|
Galicia
|
721,78
|
Fuente: Ministerio de Empleo y Seguridad Socia Agosto 2013
Asociacion Galega para a Defensa da Sanidade Pública
26 agosto 2013
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios se publicaran previa moderación por el administrador del blog, no se publicaran aquellos que sean ofensivos o empleen insultos contra terceros.