sábado, 25 de enero de 2014


Unha nova MENTIRA constátase na publicación das Listas de Espera

 
 
 
Novamente acaban de facer pública as listas de espera a data de 31/12/13 e novamente seguen coa ausencia de transparencia nun ben público que os usuarios pagan cos seus impostos.




Unha nova MENTIRA constátase na publicación das Listas de Espera ao seguir ocultando a Lista de Espera non Estructural, para evitar plasmar a crúa realidade das listas de espera que os pacientes sofren sen paliativos.
Unha nova mentira que descarta a seriedade da Conselleria de Sanidade e os equipos que xestionan os centros hospitalarios do Sergas, xa que nada ten que ver os 31.227 pacientes totais que marca a Web do Sergas cos máis de 60.000 pacientes existentes nos hospitais dependentes do Sergas.

Só no área de Vigo máis de 28. 000 Pacientes entre o CHUVI e Povisa son cautivos da Lista de Espera onde o 70% dos pacientes esperan máis de 1 ano e o 25% máis de 2 anos, con demoras superiores aos 3 e 5 anos para especialidades como Traumatología e Cirugía Xeral e máis de tres anos para pacientes de otorrino entre eles máis de 700 nenos pendentes de operarse, con esperas superiores aos 3 anos. Na poboación de referencia do CHUVI a realidade das listas de espera é de 19.235 pacientes pendente de intervención, con casos sangrantes como os de Traumatología con 8.347 pacientes, Cirugía Xeral con 2.608, Oftalmología con 2.155, Otorrinolaringología con 1.534, Cirugía Vascular con 897, Urología con 878.

Sen unha análise correcta da realidade, é imposible poñer os medios adecuados para solucionalos, evidentemente este goberno da Xunta quere desprestixiar a Sanidade Pública para poder privatizala. Como consecuencia desta política, no área de Vigo non se doto das infraestructuras necesarias para cubrir as necesidades asistenciales da poboación baixo un marco público desde as transferencias, por iso recorreuse a un centro privado (Povisa) que dá asistencia a 140.000 usuarios e que mantén un chantaje permanente ao Sergas para o seu beneficio e en contra dos intereses cidadáns. Isto determina a última actuación da Conselleria de Sanidade de reducir a poboación de referencia en 330.000 usuarios, para seguir mantendo a Povisa como un Hospital Generalcon un novo concerto singular e adecuar a poboación asistida ao futuro novo hospital de Vigo máis pequeno que o proxectado inicialmente.

Por iso a emplazamos a poñer os recursos necesarios para abordar este drama, substituíndo o persoal que se xubila e non queren repoñer, o que xera unha perda de calidade asistencial

Así mesmo a emplazamos a complementar os recursos necesarios para a apertura dos Hospitais públicos en quenda de Mañá e Tarde.

Asociación  Galega para a Defensa da Sanidade Pública

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios se publicaran previa moderación por el administrador del blog, no se publicaran aquellos que sean ofensivos o empleen insultos contra terceros.