Desde a Asociacion Galega para a Defensa da Sanidade Pública queremos denunciar que a atención sanitaria en Galicia esta sufrindo un importante deterioro como consecuencia da política de recortes do sistema sanitario publico que supuxeron:
- A redución de persoal sanitario mediante a xubilación forzosa dos profesionais asistenciais, amortizando as prazas vacantes creadas.
- A pechadura de máis de 1000 camas nos hospitais durante o verán
- A non substitución dos profesionais de vacacións nos hospitais e Centros de Atención Primaria.
Leste deterioro evidenciase no:
- Colapso xornal dos servizos de urxencias hospitalarios
- Crecemento das listas de espera para consultas e intervencións quirúrxicas
- Aparición de listas de espera en Atención Primaria, algo incompatible coa propia natureza deste nivel que é a porta de entrada ao sistema sanitario e que debe atender de xeito inmediato as demandas asistenciais.
- Deterioro da calidade da atención e a masificación das consultas de AP
Desde a nosa Asociación facemos un chamamento á cidadanía e ás organizacións sociais, políticas e sindicais para que mostren publicamente o seu rexeitamento aos recortes e ao peche de camas hospitalarias no verán; e esixan a substitución dos profesionais sanitarios e o fin da política de redución de persoal.
Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública
14 de agosto de 2014
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios se publicaran previa moderación por el administrador del blog, no se publicaran aquellos que sean ofensivos o empleen insultos contra terceros.