domingo, 28 de octubre de 2012


Nova Lei de Tempos de espera no Sergas

Sobre as declaracións do Sr. Núñez Feijoo de que pretende aprobar unha Nova Lei que garanta aos pacientes que serán intervidos cirurxicamente en 60 días e se non é así o SERGAS financiaralles a súa intervención en centros privados e de que ampliará a elección de hospital a todas as áreas sanitarias, a Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública quere comunicar:
 
1.- Que este anuncio forma parte da política ficción e de malabarismos legais á que é tan proclive o presidente de Galicia. Así mentres a sanidade está entrando en picado polos recortes económicos (que obrigan a pagar os medicamentos próteses e ambulancias aos pensionistas e discapacitados); e polas reducións de actividade e recursos (que incrementaron nun 30% os tempos de espera), o presidente atrévese a sacar novamente da chistera unhas garantías de tempos de espera que sabe imposibles de cumprir e que abren a posibilidade de negocio para as clínicas privadas, que recibirán unha avalancha de pacientes que poderiamos estimar entre de 4.000 e 8.000 ao ano, a pagar con diñeiro público.
 
2.- Doutra banda Núñez Feijoo pretende acabar coas áreas sanitarias como espazo para a planificación e xestión racional e equitativa dos recursos. No modelo de mercado sanitario da Xunta, sobra a planificación dos recursos das área sanitarias para poder dar entrada á competencia entre hospitais. Isto dará oportunidade aos centros privados para competir cos públicos para captar clientela a pagar con fondos públicos (como esta pasando en Madrid con graves prexuízos para a atención e o gasto sanitario)..
 
3.- Volvemos esixir ao Goberno de Galicia que acabe coas política de recortes , desmantelamento e descapitalización do sistema sanitario público, e deixe de utilizar a lexislación e os temas sanitario para facer mercadotecnia e demagoxia política. A sanidade necesita recursos e xestión pública de calidade, cousa que se deixou de facer nesta comunidade desde a chegada de Núñez Feijoo ao poder e así nos vai.
 
                                  Asociacion Galega para a Defensa da Sanidade Pública

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios se publicaran previa moderación por el administrador del blog, no se publicaran aquellos que sean ofensivos o empleen insultos contra terceros.