viernes, 19 de octubre de 2012


Recortes novo hospital de Vigo

Ante as declaracións do SERGAS e de Núñez Feijoo nas que recoñece que o Novo Hospital de Vigo sufriu serios recortes, que atribúe a Concesionaria, e que renuncia a construír novos centros pola Iniciativa de Financiamento Privado (PFI) polos elevados custos da mesma, a Asociación para a Defensa da Sanidade Pública quere comunicar que:

1.- O SERGAS recoñece por fin as denuncias que desde fai máis de tres anos vén realizando a nosa Asociación e a Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública de Vigo, dos recortes do Novo Hospital. A realidade a longo prazo é imposible de ocultar, polo que ata un mentireiro compulsivo ten que acabar recoñecendo a verdade.

2.- Nuñez Feijjo asume o último dia de campaña que a obra do Novo Hospital de Vigo sufriu serios recortes, que atribúe á Concesionaria privada, e dos que non se enterou ata agora. É inconcebible que os planos e as obras dun edificio tan enorme poidan ser levados a cabo sen ningún control por parte da Aministración Sanitaria, maxime cando estes foron denunciados reiteradamente por esta Plataforma, á que se acusou sistematicamente de mentireira.

3.- A realidade e que estes recortes foron impulsados polo propio SERGAS para facilitar o negocio ás empresas privadas concesionarias e para manter a POVISA como hospital de área. Se isto non fose así a actual administración sanitaria non cumpriu coas súas obrigacións de supervisar o desenvolvemento das obras ou é dunha incapacidade incompatible coa función de gobernar.

4.- Feijoo recoñece agora que renuncia ao financiamento privado das novas infraestruturas sanitarias por que non pode pagalas dados as súas elevadísimos custos. Este modelo de privatización de hospitais non é máis que un artificio contable para acometer infraestruturas públicas para garantir o beneficio privado das empresas concesionarias, o  Presidente, anuncia hoxe nun exercicio de cinismo político, que aínda que non se van a seguir utilizando fórmulas de colaboración público-privadas para la construción de hospitais, EL DE VIGO NO HAY MÁS REMEDIO QUE CONTINUARLO. Por culpa da PFI na construción do hospital leva tres anos de retraso cando as elevadísimas listas de espera obrigan a trasladar pacientes a Pontevedra. O SERGAS, concedió a ACCIONA una prórroga de tres meses para entregar a obra.

5.- Esiximos que a Nova Administración que saia das eleccións asuma o compromiso de devolver o financiamento e construción da obra ao sistema público (pedindo a indemnización correspondente á Concesionaria polo incumprimento do contrato), que se restituían os servizos eliminados do proxecto e que se recuperen as camas de POVISA para que este hospital deixe de ter o Concerto Singular e a responsabilidade de atender ás poboacións do Cangas, Moaña, Coia e Valmiñor.

Asociacion Galega para a Defensa da Sanidade Pública de Vigo

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios se publicaran previa moderación por el administrador del blog, no se publicaran aquellos que sean ofensivos o empleen insultos contra terceros.