Ante as informacións de que GALARIA (antigo MEDTEC empresa financiada publicamente pero acollida á fórmula de xestión empresarial privada á que se adxudicou a prestación de servizos sanitarios de alto grado de cualificación e nivel tecnolóxico do que non dispoñen os hospitais) , pretende reducir a actividade quirúrxica en ciruxía cardiaca e cardioloxía intervencionista, tratamentos de cancro mediante radioterapia, braquiterapia (tratamento eficaz para o cancro de cervix, próstata, mama e pel) e radiociruxía, como consecuencia de reducións orzamentarias, a Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública quere comunicar que :
1.- Consideramos estes novos recortes como gravísimos e inaceptables, por que afectan a pacientes que padecen graves enfermidades como son as enfermidades cardiolóxicas e o cancro nas que a rapidez do tratamento son fundamentais de face ao seu pronóstico final.
2.- Confírmanse agora as gravísimas consecuencias que teñen aplicar a xestión empresarial á atención sanitaria, dado que as empresas antepoñen os seus intereses económicos e as súas contas de resultados aos dos pacientes. A nosa Asociación advertiu, cando se constituíu MEDTEC, das negativas consecuencias para os pacientes de poñer a alta tecnoloxía dos hospitais públicos de Vigo en mans dunha empresa de xestión privada.
3.- Esiximos que GALARIA se reintegre inmediatamente a xestión sanitaria pública e que a Consellería retire os recortes sanitarios nun área tan sensible para a saúde e a perspectiva vital de centos de pacientes do área de Vigo e de toda Galicia
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios se publicaran previa moderación por el administrador del blog, no se publicaran aquellos que sean ofensivos o empleen insultos contra terceros.