viernes, 10 de febrero de 2012


Denuncia ante o Valedor do Pobo polas listas de espera

A ASOCIACION GALEGA PARA A DEFENSA  DÁ SANIDADE PUBLICA PRESENTA DENUNCIA AO VALEDOR DO POBO PARA QUE O SERGAS PUBLIQUE AS LISTAS DE ESPERA TOTAL INCLUÍNDO AS OCULTAS (NON ESTRUTURAL).

A AGDSP presentou hoxe dia 10 de febreiro unha denuncia ao Valedor do Pobo Galego para que:

1.- Para que o SERGAS, en cumprimento da actual normativa, publique as listas de espera total , incluíndo a estrutural e a oculta (non estrutural), que se estima inclúe entre o 40 e o 50% máis de pacientes en espera. Actualmente a data de xaneiro de 2012 o SERGAS recoñece 30.305 pacientes en espera cirúrxica, 70.487 en espera de probas diagnósticas, e 184.984 en espera de consulta. En total 285.500 pacientes en espera  no SERGAS. Se a isto engadímoslle os pacientes na lista OCULTA 143.000, serian, 428.756 os pacientes pendentes de asistencia sanitaria.

2.- Que promova Recurso de Inconstitucionalidade polo incumprimento da Consellería de Sanidade do disposto no Real Decreto 1039/2011 de 15 de Xullo polo que se establece os Criterios Marco para garantir un Tempo Máximo de Acceso ás prestacións sanitarias do Sistema Nacional de Saúde. Este RD establece que ningún usuario debería estar nunha lista oculta debendo continuar o rexistro de lista de espera que debe ser público aínda que rexeite un centro concertado como alternativa á realización da asistencia.

3.- Que o Valedor inste á Consellería a que sen máis demora publique as listas de espera totais incluíndo as ocultas



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios se publicaran previa moderación por el administrador del blog, no se publicaran aquellos que sean ofensivos o empleen insultos contra terceros.