Ante a información proporcionada pola Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública da Coruña de que a policía municipal desa cidade obrigou a levantar unha mesa de recollidas de firmas para a Iniciativa Lexislativa Popular contra os recortes e a privatización sanitaria en Galicia
A Plataforma SOS Sanidade Pública, da que forma parte a Plataforma Coruñesa, quere comunicar que
1.- Esta medida supón un gravísimo atentado contra liberdade de participación cidadá garantido pola Constitución, do que non coñecemos precedentes en democracia.
2.- Consideramos inaceptable que se nos impida o desenvolvemento dunha Iniciativa que conta coa aprobación do Parlamento de Galicia e da Comisión Electoral.
3.- Aínda cos promotores desta Iniciativa debemos garantir que se respectan as condicións exixibles a calquera proceso electoral , non dispomos de locais electoral, para solicitar a firma das persoas con capacidade para votar, polo que debemos realizalo na vía pública. Impedir esta actividade supós de impedir o desenvolvemento da Iniciativa Lexislativa.
4.- Dende SOS Sanidade Pública facemos un chamamento aos Parlamentarios e grupos municipais para que esixan o respecto á democracia e impide calquera tipo de traba ao exercicio democrático que supor unha Iniciativa Lexislativa contra a privatización da sanidade pública.
Manuel Martin Garcia
Portavoz SOS Sanidade Pública
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios se publicaran previa moderación por el administrador del blog, no se publicaran aquellos que sean ofensivos o empleen insultos contra terceros.