A Plataforma SOS Sanidade Pública integrada pola Confederación de Asociacións de Vecinos de Galicia, os sindicatos SATSE, CIG, UGT e CCOO, organizacións de usuarios, Asociacion Galega para a Defensa dá Sanidade Pública, ONGs, partidos políticos progresistas, concellos, etc, promoveu unha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) coa finalidade de deter a política de recortes e privatizacións da Sanidade Pública Galega (impulsada polo o actual Goberno Galego), para garantir o dereito constitucional á saúde dos galegos..
A proposición de Lei opta expresamente pola xestión pública directa dos centros sanitarios, a potenciación da Atención Primaria e a promoción de saúde como alternativa á crise e as áreas sanitarias como espazo para a planificación e a xestión dos recursos.
Durante 4 meses as Plataformas Galegas que integran SOS Sanidade Pública, xunto con outros colectivos como ONGs e o 15M desenvolvesen actividades de información, debate e mobilización social en todas as áreas sanitarias da CCAA.
Os puntos da ILP son
1.- A defensa do carácter público da sanidade como garantía do dereito á saúde de todos os galegos
2.- A xestión pública e directa dos servizos sanitarios e o rexeitamento ás formas de financiamento e xestión privada introducidas pola Xunta de Galicia
3.- A necesidade de incrementar a capacidade resolutiva da Atención Primaria mellorando os seus recursos e o acceso ás tecnoloxías diagnósticas, como base dun sistema sanitario accesible, equitativo e eficiente.
4.- Mantemento do modelo descentralizado do sistema sanitario galego a través das áreas sanitarias, como espazos para a planificación, asignación e xestión integral dos recursos en base ás necesidades sanitarias da poboación e coa súa participación activa
Manuel Martin Garcia
Portavoz SOS Sanidade Pública
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios se publicaran previa moderación por el administrador del blog, no se publicaran aquellos que sean ofensivos o empleen insultos contra terceros.