lunes, 4 de junio de 2012


A batalla vai ser longa se queremos manter o noso sistema sanitario público

A Manifestación celebrada onte domingo en Santiago convocade por SOS Sanidade Pública en contra de recortar e a privatización do sistema sanitario público congregou a miles de persoas que mostraron así a súa preocupación e repulsa aos cambios introducidos no sistema polos gobernos de Mariano Rajoy e Núñez Feijoo, que supón a eliminación dunha das bases fundamentais da Constitución que garantía o dereito universal á saúde de todos os cidadáns en condicións de equidad, accesibilidade e calidade.


A pesar da dificultades de organizar de xeito unitario a mobilización, esta tivo un indubidable éxito de participación, a pesar de ser momento difícil para estes eventos polos continuos chamamentos de diferentes organizacións de todo tipo a manifestar o seu descontento coas políticas para facer fronte á crise.

A elevada participación e as importantes adhesións da ensino público, a cultura, a política ou a sociedade, supón a confirmación de que SOS representa unha alternativa crible e unha esperanza para unha parte importante da sociedade galega (ata por encima da súa adscrición ideolóxica) de que a sanidade pública non esta perdida de xeito irremediable. Somos capaces de pór en cuestión con argumentos sólidos e comprensibles, as consecuencias previsibles das políticas de desmantelamento da sanidade pública que están levando adiante o PP nos gobernos central e galego.



A unidade, o traballo conxunto, e a lealdade mutua de todos en defensa do sistema de saúde son un dos principais valores de SOS que non deberiamos perder. Os riscos asociados ao éxito de SOS como alternativa movilizadora contra a privatización sanitaria son evidentes (os gobernos intentan desacreditala, pode xurdir a tentación de manipulala con fins partidistas ou de desmantelala para evitar competencias con outros proxectos), pero fomos capaces de superalos .



Queremos agradecer o esforzo realizado ás organizacións, plataformas e persoas individuais que compón SOS e aos miles de cidadáns que responderon ao seu chamamento e alertamos de que a batalla vai ser longa se queremos manter o noso sistema sanitario público

Manuel Martin
Portavoz SOS Sanidade Pública

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios se publicaran previa moderación por el administrador del blog, no se publicaran aquellos que sean ofensivos o empleen insultos contra terceros.