jueves, 21 de junio de 2012


Concentración en Verin contra el traslado del Pac

OS REPRESENTANTES DOS TRABALLADORES DO HOSPITAL E DE ATENCION PRIMARIA DA COMARCA DE VERIN, ESIXEN O CESE DO EQUIPO DIRECTIVO DA XERENCIA DE XESTION INTEGRADA.






A Comision Delegada de Verin (representantes dos traballadores) ante o inminente traslado do PAC, denuncia que non se informou debidamente destos cambios e minten descaradamente aos traballadores e a opinión pública.
... O Plan Funcional do PAC de Verin, se modificou, sen negociación coas partes implicadas tal como e preceptivo según a lexislación vixente.

 Tanto a Xerente de Xestión Integrada como a Xerente Executiva de Verín, veñen ignorando sistemáticamente os representantes dos traballadores dende a sua toma de posesión fai 3 anos.

Seguimos pensando que con dito traslado ademais de ser un perxuicio para os usuarios do PAC, tamén vai a repercutir negativamente nos usuarios das urxencias hospitalarias a o ter que compartir zonas común e persoal , e van a sufrir un considerable aumento no tempo de espera, o cal non sucedía en ningún dos dous servizos, e mermará considerablemente a calidade asistencial e seguridade prestada.

Tamén poñemos en coñecemento dos vecinos da comarca, que co traslado do PAC para o Hospital estáse a incumplir a lexislación con respecto as obras, non se fixo ningún proxecto de modificación de obra maior (tal como é preceptivo) , non hai baños nin accesos para minusválidos, etc…

Chámanos a atención da pasividade das Autoridades locais que si lle esixe aos particulares estos proxectos en cambio o Hospital non se lle esixe nada de esto.

Por todo isto esiximos e solicitamos a Conselleira de Sanidade que cese a todo o seu equipo directivo en Ourense , por incompetentes, mentirosos, non dialogantes, oscurantistas, e por poñer una vez máis ao Hospital de Verín e a sua comarca como conejillos de indias para seus experimentos con respecto a xestión e a asistencia sanitaria.

Asimesmo convocamos a todo-los medios de comunicación a unha concentración as 14 horas diante da porta de Urxencias do Hospital.

Comisión Delegada de Verin.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios se publicaran previa moderación por el administrador del blog, no se publicaran aquellos que sean ofensivos o empleen insultos contra terceros.