viernes, 22 de febrero de 2013


MAREA CIDADÁ OURENSE

POLA LIBERDADE. POLA DEMOCRACIA. POLOS DEREITOS SOCIAIS E AMBIENTAIS



A presión dos mercados financeiros, a débeda ilexítima creada polo propio sistema financeiro especulativo e as brutais políticas de axuste dirixidas contra a maioría da sociedade, xunto coa corrupción e a perda de lexitimidade das institucións, están causando no estado español a maior crise da democracia das últimas décadas.

O crecente desemprego, o ataque á Sanidade e a Educación públicas, ós dereitos laborais e sociais, ao medio ambiente, fíxonos confluír nas rúas, nas mareas cidadás, branca, verde, vermella, laranxa, groga, amarela, negra, azul, violeta? Defendendo os nosos dereitos.

Unha sociedade xusta e viable só será posible si a cidadanía únese para defender os dereitos sociais por riba dos mercados e a política honesta e a xustiza social por riba dos intereses das élites financeiras.


A reforma do artigo 135 da Constitución española, sen consulta algunha á cidadanía, supedita todos os recursos do Estado ó pago desta débeda ilexítima a costa de recortar todos os servizos públicos e de poxar a prezo de saldo o patrimonio do Estado. Esta reforma supuxo un "golpe de estado financeiro", pois maniata ó goberno primando ó pago dos intereses fronte ás obrigacións propias dun Estado Social e de Dereito.

En 1981, tralo golpe militar, a cidadanía manifestouse masivamente en defensa da Liberdade e a Democracia. Agora, 32 anos despois, chamamos a toda a cidadanía, a todas as mareas, asembleas, organizacións e colectivos a confluír nunha xornada de movilización o próximo 23 de febreiro en defensa dunha verdadeira Democracia, a Liberdade e os Dereitos sociais.

Non ó golpe de estado financeiro. Non debemos, non pagamos.

Hai alternativas. Hai solucións:

- Pola Xustiza social e ambiental.
- Pola Transparencia e a Democracia participativa.
- En defensa duns Servizos Públicos e Universais.
- Por unha Auditoria Cidadá da Débeda. Contra a Débeda ilexítima.


"Expresións violentas, racistas, xenófobas, machistas, homófobas, ou fascistas quedan fóra desta convocatoria"

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios se publicaran previa moderación por el administrador del blog, no se publicaran aquellos que sean ofensivos o empleen insultos contra terceros.