sábado, 23 de febrero de 2013


O PP VOTA EN CONTRA DUNHA PROPOSTA DO PSdeG NA DEPUTACIÓN CONTRA O DESMANTELAMENTO DA SANIDADE NA PROVINCIA DE OURENSE


Pleno da Deputación de Ourense, 22 de febreiro de 2013.


O voceiro do PP, Plácido Álvarez, acusa á deputada Victoria Morenza de catastrofista e de realizar unha visión apocalíptica da situación sanitaria da provincia







 A deputada Victoria Morenza afirmou que ó falar de sanidade, os socialistas fano fuxindo de frivolidades e demagoxia. Por eso aportaron datos que “falan das persoas e non se escudan nas estatísticas maquilladas”, un esquema que caracteriza ó PP.



         Dirixindose ós deputados do PP, Morenza dixo que ante o desolador panorama que padece a cidadanía da provincia, falarán de que estamos de noraboa porque onte o Presidente Núñez Feijóo anunciou que o Consello da Xunta autorizou o expediente para licitar as obras de ampliación e modernización do Hospital de Ourense (58 millóns de euros). E mentras vostedes falan de robótica, de automatización na distribución de alimentación e medicación ou de habitacións intelixentes, o PSdeG cínguese á crúa realidade, ás historias dunha poboación que padece a cotío unha merma na atención sanitaria e non por culpa dos profesionais do sector, senón polas decisións economicistas e rendabilizadoras de xestores e responsables políticos do PP:


-   Hai que falar do que vostedes eufemísticamente denominan “reorganización” das gardas nos Puntos de Antención Continuada.


  Falemos da supresión das gardas de farmacia no rural ourensá.



 -  E porque non, falemos da supresión de profesionais nos centros de saúde baseándose na ratio poboacional, sen ter en conta a dispersión xeográfica, principal característica definitoria da maioría dos municipios ourensáns. Esta depauperación estana comezando a padecer municpios como Sarreaus, Muíños, A Veiga ou Laza.


E explíquennos señores deputados do PP por qué se están dando pasos axigantados de cara á privatización do servizo de mantemento na área sanitaria integrada de Ourense, no que traballan un total de 94 profesionais.


Aclaren por qué o PP toma decisión que inciden negativamente na merma da calidade do servizo sanitario, por qué se están habilitando habitacións con 4 camas ou porque en habitacións minúsculas nas que só colle 1 cama, estanse instalando 2, sen posibilidade de que os pacientes poidan nin abrir as portas do armario e teñan que acumular a roupa en bolsas no chan.



 -  Os ourensáns non acaban de entender cómo unha persoa segue á espera dunha simple operación de varices despois de 3 anos. Ou por qué hai que agardar ata 9 meses para acceder a unha primeira consulta de neuroloxía.


Non acabamos de entender porque ás listas de espera non se lle chama polo seu nome e ás persoas que prefiren ser atendidas en instalacións da sanidade pública, pasan a unha listaxe alternativa que se perde no limbo do esquecemento. Vostedes chámana eufemísticamente “lista non estrutural”. Esta falta de transparencia na información preocúpanos máis cás habitacións robotizadas do futuro incerto.



 -  E o que máis nos preocupa é que coas sucesivas decisións que están adoptando en relación coa sanidade pública esteamos volvendo ós anos 70.



  Por aforrar están aforrando ata no máis básico, no material sanitario, pois constátase que é de pior calidade e ás veces prodúcese desabastecemento. Este aforro na sanidade no único no que repercute é nos complementos de productivade dos xestores, mentres que os traballadores ademais de verse na triste tesitura de ver cómo a Sanidade Pública se desmorona, quítanselles complementos salariais.


  As urxencias no CHUO están saturadas a cotío, pero para disfrazar a realidade das cifras recórrese a un sistema cuestionable que consiste en non ingresar ao paciente, envialo para o seu domicilio despois de realizar as correspondentes probas. Pero ó cabo dunhas horas os doentes volven a urxencias con similares síntomas. Este método dilapida diñeiro público en detrimento da calidade na asistencia sanitaria e na merma da saúde dos pacientes. Todo para maquillar as cifras e evitar ingresos.



  E mentras asistimos a cotío á saturación do complexo hospitalario, comprobamos un panorama desalentador: a 1ª planta do Hospital de Piñor permanece baleira, inutilizada, sen uso. E nin os profesionais nin a sociedade entenden este xeito de xestionar a sanidade.



O peche de camas de medicina interna en Piñor, lonxe de mellorar a situación, produciu unha merma na atención especializada porque os enfermos crónicos non reciben a atención de calidade da que gozaban e aumentou a saturación no CHUO.


  E qué dicir doutra das asignaturas pendentes do Goberno de Feijóo e da propia xerente do CHUO, Eloína Núñez. Estamos a falar do futuro uso das instalacións do Hospital de Toén. En xaneiro o PSdeG presentaba unha moción para que a Xunta defina qué fin se lle vai dar ó complexo do antigo psiquiátrico. Cumpriuse 1 ano dende o seu peche e nunha nova operación de marketing informativo Eloína Núñez para conmemorar tan triste aniversario fala da “posibilidade” de destinar as instalacións a un hospital de enfermos crónicos que sería xestionado por unha ONG. Todo apunta que podería tratarse dun intento privatizador enmascarado de inmobles de titularidade pública.


-   Nos centros de saúde hai lista de espera para facerse unha simple analítica, e os usuarios xa teñen que agardar hasta un mes para unha extracción de sangue.



A merma no servizo compróbase durante todo o ano, pois non se cobren as baixas nin os períodos vacacionais dos profesionais.



Indefinición da construción dos centros de saúde do Vinteún, O Couto ou Barbadás.



·                   O panorama é desolador:



 Deteriórase a sanidade

Padécese unha clara tendencia privatizadora

Suprímense dereitos

Recórtanse prestacións

Desmantélanse centros

Redúcense os cadros de persoal

Amortízanse vacantes por xubilacións

Recórtanse os salarios dos profesionais

Diminúe a cantidade de material sanitario e a súa calidade
                  ...        e un longo e interminable etcétera.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios se publicaran previa moderación por el administrador del blog, no se publicaran aquellos que sean ofensivos o empleen insultos contra terceros.