domingo, 20 de mayo de 2012


CARTA ABERTA O SEÑOR NUÑEZ FEIJÓO


Señor Feijóo:

En relación o acontecido na “presentación” que fixo en Ourense, declarou vostede a os medios de comunicación que “Os galegos son elegantes e tolerantes”. Estas declaracións fixoas co ánimo de menosprezar a quen ali estabamos (Por afora, claro).
Sobre esto querialle puntualizar que, nós tamén somos galegos e saiba que os incidentes que houbo, foron producidos ou máis ben inducidos única e exclusivamente por tentar a policía botarnos fora da explanada, que como ben sabe é moi grande e deberíamos caber todos.

Entendo que uns rapaces detrás de unha pancarta, defendendo a educación pública é uns traballadores detrás da pancarta en defensa da sanidade pública, resultaramos molestos por que se deslucia o acto de propaganda que tiña programado. Pero non sei se eso lle da dereito a poñer a policía a empurros contra quen estaba amosando a sua opinión de forma pacífica, como sempre se fixo en todos os actos convocados dende a Plataforma Sanitaria, e vostede sabeo.

Honradamente penso que en Ourense hai razóns abondo para esta e moitas máis protestas, xa non valen as promesas, acaba a lexislatura e ¿Qué temos?... Un hospital pechado os outros case que caendo, dos prometidos centros de saúde só os solares, cada dous por tres doentes amoreados en urxencias, e agora como un gran logro traenos unha maqueta e asi quedará, por que promesas si pero cartos non, por certo, cantos pensionistas pagarán por as receitas para cubrir o custe desta parafernalia de presentación ¿É esta a súa tan cacareada austeridade?.

Para rematar direille que non sei se somos moi elegantes, pero tolerantes temos demostrado que somos (toleramos mesmo o sorriso despectivo dalgúns imputados é algún condeado, invitado a o acto) visto o visto dubido moito que o sexan vostedes, calar a protesta ca policía non é o camiño, nós non somos delincuentes, somos traballadores que defendemos o que consideramos xusto por dereito e vostedes queren desfaguer por decreto... Querer calarnos por forza non é tolerancia, e vestir gravata non o fai elegante... Probe a.ver se acada a elegancia con feitos, agradeceríase....

Atentamente asinado:
José García Pérez.
Membro de PRO SANIDADE DIGNA OURENSE

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios se publicaran previa moderación por el administrador del blog, no se publicaran aquellos que sean ofensivos o empleen insultos contra terceros.