jueves, 10 de mayo de 2012

   O pan pan e o viño viño  -                                                   Estamos a asistir impávidos a un recorte de dereitos sen precedentes donde iste modelo de facer política e de corte neoliberal trasládanos a épocas preconstitucionáis, donde podemos afirmar que o término “democracia” queda reducido a unha simple convención lingüística, pero xa non existe. As tesoiradas tan brutáis cebándose nos máis débiles son incompatibles coa democracia. Vivir nunha democracia supón que todo o mundo tena dereito a unha vivenda, que poda vestirse, que poda cultivarse e que sexa atendido se a súa saude o necesita e non facer todo o contrario, políticas que vaian dirixidas a sacar lucro da vivenda, dol traballo, do vestir, da educación e da saúde das persoas. Antes das elección xeráis o P.P. repetia unha e outra vez que existian unhas líneas roxas que non se podian tocar como eran as políticas sociáis, sanidade, educación e as pensións. Sabían que para chamelar os indecisos e aqueles que por mor da crise estaban nunha situación dramática, sería a única manera de poder facer todo o contrario do que prometeran en campaña, argumentando que pensaban que o déficit público en vez de ser do 6% era do 8% e que polo tanto non lle quedaba máis remedio qu acometer estas reformas, ensañándose sen piedade cas clases máis desfavorecidas diste país. E aínda temos que escoitar decirlle o Sr. Rajoy “que toman estas medidas pensando nos que peor o están pasando” e dase a paradoxa que o que peor o está pasando non lle preguntaron si querían recortes de 10.000 millóns de € en sanidade e en Educación pechando Hospitáis, quirófanos, plantas enteiras, disminuindo o nº de enfermeiros, de médicos e de personal auxiliar repercutindo na carga de traballo e na calidade asistencial, si querían copago para tratamento “dietoterápico” e en productos “ortoprotésicos”, si querían os pensionistas ter que pagar un 10% nas recetas cando moitos deles pola súa enfermidade crónica e pola súa pensión cativa non poden a veces chegar a fin de mes. Si queríamos ver a subida da luz non 7% e o do gas nun 5%. Si queríamos ver como suben as matriculas estudiantiles e a disminución de profesores e facendo unha reforma laboral donde beneficia claramente o empresario para convertir au trabajador en simple mercaduría de usar e tirar……e por si fora pouco sacando peito rindose na cara da ciudadanía o decirles que éstos recortes nunca se habían feito ao longo da historia e isto significa decir sempre a verdade aínda que doa, sin adornos nin excusas, chamándolle o pan pan e o viño viño . 



Eufemismos, manipulación, e enganos. Un ataque despiadado aos mais débiles cando somos sabedores do fraude fiscal que ano tras ano se está producir, donde banqueiros e empresarios diste país teñen o seu gran patrimonio en paraísos fiscáis, e cando se xubilan o fan con blindaxes millonarios, cando os políticos cobran salarios millonarios e soldos vitalicios, cando existe duplicidade de administración, cando tiñamos que eliminar as Diputacións. O Senado, fusionar Concellos etc etc… Por iso que non queda máis remedio que estar na rua día tras día para defender o pouco que nos queda da chamada sociedade de benestar, para intentar trocar un modelo de sociedade capitalista, donde as diferencias sociáis estanse a acentuar día tras día e donde nos está a levar a unha involución sen precedentes tanto en dereitos laboráis como sociáis.
      LUIS LOPEZ VARELA  ( PROSADI

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios se publicaran previa moderación por el administrador del blog, no se publicaran aquellos que sean ofensivos o empleen insultos contra terceros.