Blog de la Asociación sin Ánimo de Lucro, PRO SANIDADE DIGNA DE OURENSE, nacida de la constacia y perseverancia de un grupo de personas, trabajadoras en su mayoría de la Sanidad Pública, por la defensa de los hospitales de Piñor y Toén... LA SANIDAD PÚBLICA ES DE TODOS Y TODAS
martes, 8 de mayo de 2012
O financiamento do Novo Hospital de Vigo adxudicouse a empresas financeiras en quebra
Ante a información da visita da Conselleira de Sanidade ás obras do Novo Hospital privado de Vigo (PFI) nas que esta indicou que as obras van a bo ritmo, salvo que o Concello se neguea pagar as infraestruturas do mesmo, a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública ( AGDSP) quere manifestar:
1.-Que as noticias sobre a situación de que o Goberno de Rajoy pretenden reflotar Bankia, unha das entidades financeiras adxudicatarias da concesión da obra, vén corroborar unha vez máis as denuncias da AGDSP e de SOS Sanidade Pública sobre o feito de que o financiamento do Novo Hospital adxudicouse a empresas financeiras en quebra, xestionadas por dirixentes próximos ao PP
2..- Que o Estado está inxectando fondos públicos nun Banco para que este os préste á súa vez á Xunta de Galicia cuns beneficios que multiplican por sete o custo final da obra.
3.- Consideramos absolutamente inxusto que o Goberno da nación destine 7.000 millóns a reflotar un banco privado mentres que introduce recortes pola mesma cantidade na sanidade pública pechando centros, suprimindo medicos e enfermería, facendo pagar as receitas aos pensionistas e as próteses cirúrxicas aos amputados, ou paralizando o desenvolvemento da Lei de Dependencia para os discapacitados.
Esta medida supón que os sectores máis necesitados de atención sanitaria sufragaran (á conta da súa saúde) ás entidades financeiras responsables da crises sanitarias pola súa mala xestión e estratexias especulativas.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios se publicaran previa moderación por el administrador del blog, no se publicaran aquellos que sean ofensivos o empleen insultos contra terceros.