miércoles, 16 de mayo de 2012


FEIJOO NEGOUSE A RECOLLER O MANIFESTO DA PLATAFORMA

Fuxiu agachado nun coche pola porta de atrás da Expourense

O manifesto será entregado hoxe por rexistro



O presidente da Xunta entrou pola porta principal da Expourense, pero saíu pola traseira agachado no interior dun coche oficial (eses que tan pouco lle gustaban...) cos cristais tintados, negándose así a recoller persoalmente o manifesto da Plataforma pola Defensa e Mellora da Sanidade Pública de Ourense, e concertar unha entrevista (el, que seica recibe a todo o mundo !!!). 

Esta conduta, ademais de facer aflorar con todo o realismo e crueza a escasísima habilidade e o seu baixo perfil como mandatario, amosa o seu verdadeira talante de antidemócrata e a pouca capacidade que ten de xestionar situacións nas que o público non é o que o seu grupiño previamente ten escollido.
 
Resulta patético que todo un Presidente se preste a presentar por, cando menos, terceira vez en dous anos, o mesmo proxecto, ante público que só accedía con invitación, e que se negue a que a cidadanía lle formule ideas, críticas e propostas, abandonando o recinto como se tivese que escapar por ter feito algo ilícito.
 
 
Desde a Plataforma só queriamos facer entrega dun escrito no que recolliamos as nosas preocupacións, pero no que tamén faciamos as propostas que consideramos necesarias levar a cabo para apostar firmemente pola sanidade pública, universal, gratuíta, máis humanizada, digna e de calidade.

Farémoslle chegar igualmente o manifesto, solicitaremos unha entrevista co Sr. Feijoo, pero sobre todo, seguiremos loitando sen descanso por manter e defender un dos piares fundamentais dunha sociedade avanzada e democrática como é a Sanidade Pública e o dereito á saúde.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios se publicaran previa moderación por el administrador del blog, no se publicaran aquellos que sean ofensivos o empleen insultos contra terceros.