Blog de la Asociación sin Ánimo de Lucro, PRO SANIDADE DIGNA DE OURENSE, nacida de la constacia y perseverancia de un grupo de personas, trabajadoras en su mayoría de la Sanidad Pública, por la defensa de los hospitales de Piñor y Toén... LA SANIDAD PÚBLICA ES DE TODOS Y TODAS
sábado, 14 de julio de 2012
Amnistía Internacional, Médicos do Mundo e Rede Acolle piden ás Comunidades Autónomas que freen a reforma sanitaria
O próximo 17 de xullo, de maneira simultánea, Amnistía Internacional, Médicos do Mundo e Rede Acolle, entregarán máis de 50.000 firmas nas Presidencias de todas as comunidades autónomas que piden que non adopten medidas regresivas ou discriminatorias no acceso ao dereito á saúde e garantan o acceso universal á atención sanitaria.
Ante a entrada en vigor o próximo 1 de setembro da reforma sanitaria introducida polo Real Decreto Lei 16/2012, as organizacións queren lembrar ás presidencias autonómicas que a nova reforma limita o dereito ao acceso á saúde e pode ter consecuencias para a vida de miles de persoas, especialmente para os colectivos máis vulnerables.
Na Comunidade Autónoma de Galicia a entrega realizarase ás 11.00 horas no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia á atención da Presidencia de Goberno da Xunta. No edificio administrativo de San Caetano de Santiago de Compostela.
Acto: Entrega de sinaturas
Lugar: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia. Edificio Administrativo de San Caetano
Data: 17 de xullo de 2012
Hora: 11 horas
Para máis información sobre a ciberacción de recollida de sinaturas:
http://www.es.amnesty.org/actua/acciones/espana-reforma-sanitaria/
http://www.medicosdelmundo.org/ciberacciones/sanidaduniversal
http://www.redacoge.org/f/f
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios se publicaran previa moderación por el administrador del blog, no se publicaran aquellos que sean ofensivos o empleen insultos contra terceros.