jueves, 19 de julio de 2012


SOS Sanidade Pública anima a participar en el 19J

A Plataforma SOS  Sanidade Pública rexeita o Plan de Recortes dos Gobernos central e autonómico do PP na Sanidade Pública e na Lei de Dependencia por ser unha agresión brutal ás persoas máis necesitadas de atención , á economía e á democracia, xa que ademais de inxustas estas medidas atentan contra dereitos esenciais da cidadanía.

Os gobernos conservadores volven eximir de responsabilidades e esforzos económicos aos bancos, as grandes empresas e aos grupos de maior renda, mentres cargan contra as persoas en paro, pensionistas, dependentes, enfermos, empregados públicos, traballadores e cidadanía en xeral, aos que reducen os seus dereitos e prestacións sanitarias e sociais

Este proceso de reformas socio- laborais pretende desmantelar do Estado de Benestar polo que se queremos salvalo é absolutamente necesario organizar unha rotunda e masiva resposta para evitar a demolición dos servizos púbicos e as políticas sociais
.
Mentres se inxectan máis de 100.000 millóns euros nos bancos responsables da crise e redúcense os impostos ás rendas máis altas, decídese unha amnistía fiscal para os defraudadores, increméntase o copago en farmacia e esténdese aos pensionistas, preténdese reducir o dereito universal á atención de saúde e paralízase a implantación do Sistema de Atención á Dependencia deixando por centos de miles de persoas sen protección impedindo a creación miles de empregos.

Os recortes non afectan só á sanidade senón que se estenderon a outros dereitos sociais como a educación, a vivenda, a xustiza, e as pensións nos que se incrementado as taxas, os copago e a privatizacións, vulneran os principios de universalidade, suficiencia e igualdade de acceso e cobertura que deben garantir os servizos públicos

Por todo isto a Plataforma SOS Sanidade Pública fai un chamamento a toda a cidadanía e as organizacións sociais a mostrar mañá día 19 de xullo na rúa a súa rexeita estas as políticas do Goberno sumándose da mobilizacións untarías convocadas polas organizacións sindicais en Galicia en defensa da democracia, e o estado de benestar e en contra da supresión dos servizos públicos universais e accesibles, especialmente os de saúde .

Manuel Martin
Portavoz SOS Sanidade Pública

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios se publicaran previa moderación por el administrador del blog, no se publicaran aquellos que sean ofensivos o empleen insultos contra terceros.