sábado, 14 de julio de 2012


Cacicada adjudicaci​on jefatura servicio Psquiatria

Aínda que a Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública non ten por costume pronunciarse sobre temas relacionados coa provisión de prazas profesionais , as especiais circunstancias que concorren no proceso de adxudicación da xefatura de Servizo de Psiquiatría no Complexo Hospitalario de Pontevedra obrígannos a denunciar:

1.- A nosa preocupación pola volta a fórmulas inaceptables e antidemocráticas, propias do franquismo, nas que os meritos profesionais e as capacidades dos aspirantes a postos de traballo estaban condicionadas pola súa ideoloxía. Parece que retornamos aos tempos nos que a adhesión ao réxime era requisito fundamental para poder aspirar a calquera posto de responsabilidade nos centros sanitarios.

2.- Baseamos esta afirmación na composición e na actitude claramente sesgada dos membros do tribunal designado pola xerencia do Complexo Hospitalario de Pontevedra para a cobertura da praza de Xefe de Servizo de Psiquiatría á que concorría o Dr. Pedreira e outro profesional do Centro. As dúbidas espertadas entre os profesionais e traballadores do CHOP fixo que estivesen presentes representantes de todas as tendencias e sensibilidades profesionais e sindicais.

3.- As persoas que encheron o Salón de actos (algo insólito nun acto deste tipo) puideron observar a actitude agresiva, hostil e irrespetuosa do tribunal cara ao Dr. Pedreira, que culminaron en comentarios públicos sobre a súa idoneidade , a pesar de que as diferenzas na experiencia e currículo profesional e na presentación e defensa do proxecto foron abismais con respecto ás do outro candidato. É público e notorio que o Dr. Pedreira ten un importante compromiso coa defensa da sanidade pública e desempeñou cargos de responsabilidade política na anterior administración do SERGAS.

4.- O que, contrariamente ao habitual nestas convocatorias, o tribunal non se haxa aínda pronunciado sobre a adxudicación da praza, fai pensar que a decisión pode xerar indignación entre os profesionais e unha deterioración da imaxe difícil de asumir para a actual administración.

5.- A elección do responsable da psiquiatría da área sanitaria atendendo a criterios de afinidade política (e non de capacidade profesional) , pode ter consecuencias sanitarias imprevisibles para o funcionamento do servizo e a asistencia aos pacientes.

Asociacion Galega para a Defensa da Sanidade Pública

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios se publicaran previa moderación por el administrador del blog, no se publicaran aquellos que sean ofensivos o empleen insultos contra terceros.