lunes, 23 de julio de 2012


Ley del Aborto - Modificaciones Alberto Ruiz Gallardón-

Ante as declaracións do Ministro de Xustiza Ruiz Gallardon de que o Goberno Central pretende modificar a Lei do Aborto para obrigar ás mulleres a dar a luz a fetos con graves malformacións e deficiencias, a Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública quere comunicar

1.- Que esta medida suporía un gravísimo atentado contra a liberdade das mulleres ás que se obrigaría, contra a súa vontade, a manter embarazos a pesar de que as probas e revisións médicas demostrasen graves taras e malformacións nos fetos

2.- Este cambio lexislativos crearía un gravísimo problema de saúde para moitas mulleres que terían que saír ao estranxeiro para interromper os seus embarazos con problemas ou facelo de manera clandestina no país sen as debidas garantías sanitarias. Este último suposto afectaría ás mulleres con menos recursos socioeconómicos cuxo número incrementar brutalmente como consecuencia da crise

3.- Entendemos que detrás desta decisión está a ideoloxía conservadora dun goberno que pretende satisfacer as demandas dos grupos relixiosos máis ultras e radicais. O PP pretende reintroducir un modelo de relacións políticos, sociais, laborais que parecía superado pola historia.

Asociacion Galega para a Defensa da Sanidade Pública

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios se publicaran previa moderación por el administrador del blog, no se publicaran aquellos que sean ofensivos o empleen insultos contra terceros.