jueves, 20 de diciembre de 2012


A sanidade, cando é pública, é de todos

A sanidade, cando é pública, é de todos
Noela Blanco Rodríguez - Ourense



Ata hai un ano parecía imposible que alguén quebrantara unha sanidade pública construída durante moitos anos por todos e para todos. Pero está ocorrendo, cada día asistimos, entre a rabia e a impotencia, a como os gobernos do PP desmantelan o que durante décadas foi o pilar básico do noso Estado de benestar.
Noela Blaco -PsdeG-

Primeiro foron as diferencias entre os "de aquí" e os "de fóra", despois viñeron o repago dos medicamentos, ERE encubertos ao renunciar a repoñer prazas de persoal sanitario? ata que a semana pasada soubemos que haberá que abonar cinco euros por cada traxecto non urxente en ambulancia.

Non parece que estas medidas sexan eficaces e eficientes, nin que vaian encamiñadas a mellorar o sistema sanitario, senón que máis ben se dirixen a ir modificando, sen escrúpulos, a configuración do noso sistema sanitario público, desdibuxando cada vez máis os compoñentes de universalidade, equidade e accesibilidade que o caracterizan.

Pero entón, ¿a quen benefician os recortes? "Se a río revolto, ganancia de pescadores", a dereita remove as augas para que os grandes beneficados sexan as empresas privadas, que ven como os/as cidadáns responden ante estas medidas con medo a perder dereitos sanitarios, incertidume que provoca unha marea de contratación de seguros privados. Trátase de que, baixo a excusa da crise, a dereita aplique unha política de sufrimento ás clases máis desfavorecidas para privatizar o dolor, para obter beneficio da enfermidade.

No epicentro dos recortes,nos hospitais públicos e centros de saúde é donde se forman, crecen profesionalmente e desenrolan o mellor dos seus coñecementos a gran maioría de profesionais sanitarios do noso país.

Eses mesmos que a pesares de recibir un notable recoñecemento por parte dos cidadáns sofren tamén ataques aos seus dereitos laborais, soportan escandalosas condicións de traballo e teñen así mesmo enormes dificultades para seguir unha adecuada formación continuada.

Este colectivo, que está atendendo a pacientes cada vez con menos recursos, rechazando exclusións e chamando a atención para defender a sanidade pública está dando unha lección de responsabilidade.
A eles/as debemos amosarlles o noso agradecemento porque cada vez que se manifestan están recordándolle ao Goberno que a nosa saúde, a de todos, non está á venda.

1 comentario:

  1. suscribo todo o escrito é maís, ¿quén está detrás de todo esto? as empresas privadas das que presunta, presunta, presuntamente son familiares de quen privatiza, eu non teño opción a ningunha participación, eso a seguir pagando 8..euros cada més máis o 50% dos medicamentos etc, etc

    ResponderEliminar

Los comentarios se publicaran previa moderación por el administrador del blog, no se publicaran aquellos que sean ofensivos o empleen insultos contra terceros.