viernes, 28 de diciembre de 2012


Moción presentada por el PSdG de Ourense en la Diputación sobre el Hospital de Toén RECHAZADA POR EL PARTIDO POPULAR


O PSdeG esixe ó Presidente da Xunta que dea a coñecer á opinión pública o proxecto previsto para o antigo hospital psiquiátrico de Toén

 

O PSdeG, a través da deputada socialista Victoria Morenza, presenta unha iniciativa na Deputación de Ourense para activar o proxecto de rehabilitación do antigo hospital psiquiátrico de Toén

 

Ourense, 28 de decembro de 2012. 

·        16 de xaneiro de 2013 cúmprese 1 ano do traslado dos enfermos do psiquiátrico de Toén ó Hospital de Piñor
·        Para a maioría da poboación de Ourense esta data non é motivo de celebracións
·        Despois de 1 ano as consecuencias negativas do peche de Toén son moitas: perdéronse 70 camas de medicina interna en Piñor, produciuse unha dispersión no servizo e colapso continuado en urxencias 
·        Perdeuse tamén a posibilidade de pór en marcha o proxecto para habilitar un Centro de Rehabilitación de Pacientes con enfermedades de saúde mental en terreos de Piñor
·        Despois de case 1 ano o Goberno galego aínda non ten unha idea clara da finalidade que se lle dará ás antigas instalacións do hospital de Toén
·        O Goberno de Núñez Feijoo non aclarou ó longo destes meses qué utilidade se lle vai dar ó complexo ou se vai renunciar a eses terreos
·        O hospital está ubicado en terreos comunais e só se pode destinar a uso médico-asistencial
·        Dende diferentes colectivos e dende o Partido Socialista tense alertado sobre o posible risco no que se atopa a finalidade público-sanitaria dos terreos
·        No Parlamento galego o PSdeG xa ten preguntado sobre o futuro uso do complexo de Toén e ata agora o Goberno galego non deu unha resposta concreta
·        Existe inquedanza social ante a indefinición do uso sanitario público
·        O progresivo deterioro das instalacións tamén preocupa á cidadanía
·        Estase xerando ademais unha falta de seguridade das instalacións e a posibilidade de vandalismo, allanamento ou furto
·        O Partido Socialista esixe á Xunta que defina claramente no primeiro semestre de 2013 o futuro uso que está previsto darlle ás instalacións do antigo Hospital de Toén
·        Reclama o PSdeG q ue o Goberno de Feijoo se comprometa a iniciar o desenvolvemento deo proxecto no vindeiro ano
·        Alertan ademais sobre a necesidade de que a Consellería de Sanidade adopte medidas para evitar actos de vandalismo ou inseguridade nos edificios do antigo psiquiátrico
 
MOCIÓN INTEGRA PRESENTADA POR VICTORIA MORENZA
 
VICTORIA MORENZA DOFORNO, deputada provincial do GRUPO SOCIALISTA da Deputación de Ourense, en base ó previsto na Lei de Bases Reguladora do Réxime Local, ó artigo 91 e 97, entre outros, do R.O.F. e ó Regulamento da Corporación presenta unha MOCIÓN PARA QUE A XUNTA DEFINA O USO QUE SE LLE DARÁ ÁS ANTIGAS INSTALACIÓNS DO HOSPITAL PSIQUIÁTRICO DE TOÉN, que espera sexa incluída na vindeira sesión plenaria en base á seguinte:
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
                O 16 de xaneiro de 2013 cumprirase un ano dende o peche do Hospital Psiquiátrico de Toén. Pero para boa parte da cidadanía de Ourense lembrar o traslado dos enfermos de Toén a Piñor non é motivo de celebración, senón máis ben de loito.
                As consecuencias da decisión de pechar Toén son moitas: perdéronse máis de 70 camas de medicina interna en Piñor; dispersión deste servizo, colapso de urxencias, perda do proxecto para habilitar un Centro de Rehabilitación de Pacientes con enfermidades de saúde mental en terreos de Piñor, etc.
                Pero a penosa conclusión do peche é que despois de case un ano aínda non existe unha idea clara da finalidade que se lle vai dar ás antigas instalacións do hospital psiquiátrico. O goberno de Feijóo non aclarou ó longo destes meses qué utilidade se lle vai dar, non dixo se a Xunta vai renunciar a estes terreos. Hai que ter en conta que o hospital estaba ubicado nun monte comunal propiedade dos veciños. E non podemos esquecer que esta cesión dos terreos era para uso médico asistencial. 
                Dende diferentes colectivos e tamén o Partido Socialista ten alertado sobre o posible risco no que se atopa a finalidade público-sanitaria dos terreos. O PSdeG no Parlamento galego xa ten preguntado en reiteradas ocasións sobre o futuro uso do complexo de Toén, sen que polo momento recibiramos unha resposta concreta.
Esta iniciativa do Grupo Provincial Socialista pretende que se retome unha cuestión moi importante para a cidadanía da provincia: o futuro das instalacións do antigo psiquiátrico de Toén.
                Os motivos polos que o Grupo Provincial do PSdeG presenta esta moción son variados: 
1)     Existe unha inquedanza social ante a indefinición do uso sanitario público que o goberno de Núñez Feijoo pretende dar ós terreos.
2)     Tamén se percibe preocupación entre a veciñanza polo progresivo deterioro das instalacións co paso do tempo, sen actuación algunha para a conservación dos inmobles que compoñen o antigo complexo psiquiátrico.
3)     É fundamental ter en conta que ó non existir un seguimento e control das instalacións, estase xerando falta de seguridade e a posibilidade de vandalismo, allanamento ou furto de bens de titularidade pública.
 
Por todo elo é que o Grupo Socialista somete a consideración do Pleno a seguinte
                PROPOSTA DE ACORDO:
·         Esixir á Xunta a que defina claramente no primeiro semestre de 2013 o futuro uso que está previsto darlle ás instalacións do antigo Hospital Psiquiátrico de Toén.
·         Esixir ó Goberno galego a que adquira o compromiso de iniciar o desenvolvemento do proxecto para o complexo sanitario de Toén no vindeiro ano.
·         Reclamar que a Consellería de Sanidade adopte as medidas oportunas para evitar actos de vandalismo ou de inseguridade nos edificios do antigo hospital de Toén.
 
En Ourense a 27 de decembro de 2012.
 
Asdo.: Victoria Morenza Doforno

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios se publicaran previa moderación por el administrador del blog, no se publicaran aquellos que sean ofensivos o empleen insultos contra terceros.