jueves, 13 de diciembre de 2012


O Copago polo transporte non urxente é cruel e discriminatorio

 
O Goberno de Mariano Rajoy dá unha nova volta de torca na introdución de copagos ás persoas enfermas cun proxecto que pretende que as persoas que necesiten trasladarse aos centros sanitarios para recibir tratamento teñan que ir en ambulancias (por que as súas condicións físicas non o permitan), paguen unha parte do mesmo.
 
 
 
1.- Desde a ASOCIACION GALEGA PARA A DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA advertimos que esta medida forma parte da contrarreforma sanitaria contemplada no Real Decreto 16/2012 que introduzo o copago sanitario na sanidade pública. Primeiro foron os medicamentos para pensionistas, agora veñen o transporte en ambulancia e deica pouco o pago por consultas.
 
 
2.- Este pago supón un novo imposto que grava ás persoas máis enfermas, mentres se manteñen as exencións ás rendas máis altas (impostos capital, patrimonio, sucesións, etc,)

 
3.- Consideramos cruel e discriminatorio que as persoas con cancro, insuficiencia renal, que lles obriga a estar varias veces por semana pegados á máquina de diálise, ou que teñen necesidade de rehabilitación por enfermidades crónicas, etc , teñan que ademais pagar para trasladarse a recibir tratamento nos centros hospitalarios.
 

4.- A escasa contía das pensións (750 de media en Galicia) e as dificultades económicas que afectan xa á gran maioría da poboación fará que este repago impida a moitos pacientes poder recibir os tratamentos que necesitan.

 
5.- Desde a AGDSP facemos un novo chamamento a toda a cidadanía galega a manifestar a súa indignación polo desmantelamento e a privatización sanitaria e a rexeitar os novos copagos que ten previsto introducir o goberno (por consultas ou probas diagnósticas), antes de que as poñan en práctica, xa que van facer máis inaccesible o dereito á asistencia sanitaria.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios se publicaran previa moderación por el administrador del blog, no se publicaran aquellos que sean ofensivos o empleen insultos contra terceros.