miércoles, 7 de noviembre de 2012


ANGELA MERKEL RETIRA O COPAGO EN ALEMANIA MENTRES NUÑEZ FEIJOO E RAJOY IMPOÑENO EN GALICIA E NO ESTADO


Ante as noticias de que a Chanceler Angela Merkel decidiu suspender a partir do próximo mes de xaneiro o copago aos pacientes da sanidade pública en Alemania, dado que a experiencia demostrou que esta medida non supón ningún aforro real para a o sistema sanitario, que incrementa o traballo e o gasto burocrático para os profesionais, que aumenta o papelorio e que supón unhas importantes molestias para os usuarios e enfermos, a Asociación Galega  para a Defensa da Sanidade Pública quere comunicar:




1.- Que esta decisión vén corroborar as denuncias que vimos realizando desde a nosa Asociación contra as políticas de copago que están pondo en práctica os gobernos central e autonómicos

2.- Esta decisión (dun goberno conservador) demostra que os copagos non se basean na evidencia, como avisaramos, senón en criterios ideolóxicos fundamentados no neoliberalismo, no interese en cargar os gastos sobre os usuarios dos servizos e en pór trabas no acceso dos enfermos aos recursos.


3.- Os copagos son perxudiciais para os pacientes aos que molesta e dificulta o acceso aos servizos sanitarios; para os profesionais aos que carga de traballo burocrático; e para o sistema xa que incrementa o gasto total e o administrativo.

4.- Resulta paradoxal a teimosía do Goberno en querer facer pagar aos pacientes polos servizos da sanidade pública, mentres que nos países onde se puxeran en práctica estanos eliminando polos seus malos resultados.

Detrás do copago non hai evidencia científica algunha senón o interese duns gobernos profundamente reaccionarios e antisociais por acabar co sistema sanitario universal, equitativo e gratuíto que estableceu a Lei Xeral de Sanidade e co Estado do Benestar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios se publicaran previa moderación por el administrador del blog, no se publicaran aquellos que sean ofensivos o empleen insultos contra terceros.