martes, 28 de enero de 2014


A " Paralización da Privatación Sanitaria en Madrid " supón unha gran noticia para os que defendemos a Sanidade Pública.

Imágenes integradas 1
 



A paralización da privatización de 6 hospitais PFI (como o Novo Hospital de Vigo ou a ampliación do de Ourense) e a dimisión do Conselleiro de Sanidade Lasquetty supón unha gran noticia para os que defendemos a Sanidade Pública.



Esta paralización é un logro dos profesionais e cidadáns da Comunidade de Madrid que mantiveron as súas mobilizacións desde fai máis dun ano, demostrando que cando se manteñen a unidade social e profesional e se persevera no tempo é posible frear a o desmantelamento e a privatización do sistema sanitario público.



A decisión supón o triunfo da razón e a xustiza e debe servir un acicate para seguir mantendo as nosas mobilizacións en Galicia en contra das numerosas agresións á sanidade pública e ao dereito á saúde da poboación (Novo hospital de Vigo, Hospital Unico de Pontevedra, ampliación do de Ourense, copagos, privatizacións de laboratorios, servizos de apoio, central de chamadas, informática. ..Plan de Mellora de Atención Primaria, desmantelamento das Áreas Sanitarias ou fraccionamento dos centros en empresas a través das unidades de xestión clínica.

Esta vitoria debería servir de exemplo para manter a unidade entre traballadores sanitarios e cidadanía, para manter as mobilizacións buscando o apoio dos concellos, partidos políticos e sindicatos, e reforzar as Plataformas en Defensa da Sanidade Pública como instrumentos fundamentais para conseguir estas vitorias

Finalmente queremos enviar unha mensaxe á conselleira e a Feijoo dicíndolles que cando as barbas dos seus veciños vexan cortar que manden as súas a reformar dando marcha atrás nas privatizacións e copagos

Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública



 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios se publicaran previa moderación por el administrador del blog, no se publicaran aquellos que sean ofensivos o empleen insultos contra terceros.