viernes, 26 de julio de 2013


Nota AGDSP accidente ferroviari​o Galicia

A Asociacion Galega para a Defensa da Sanidade Pública (FADSP) quere transmitir a súa máis sentido pésame e solidariedade ás vítimas e familiares do accidente de tren que se produciu onte á noite nas inmediacións de Santiago de Compostela.
 
Esperamos que se esclarezan as causas de devandita traxedia co fin de aprender, mellorar e intentar evitar que volva producirse un feito tan lamentable.
 
Quen nos dedicamos á sanidade publica e a súa defensa e posta en valor admiramos o solidario apoio da poboación e o bo funcionamento dos Servizos Públicos ante unha traxedia de tal magnitude (Servizos de Urxencias, Médicos, Enfermería, Celadores, Auxiliares, Bombeiros, Policía, etc). Iso demostra, unha vez máis, o imprescindibles que son nos momentos críticos, uns Servizos Públicos de calidade.
 
Os servizos da Sanidade Pública son algo que no día a día da enfermidade os pacientes e os seus familiares valoran ben, pero que nos momentos nos que enormes e caros recursos tecnolóxicos, dotacionais e humanos deben poñerse en marcha con áxil despregue, a súa importancia resulta vital; e vital significa que salvan vidas. 
 
Ninguén se imaxina recursos privados abordando nin de lonxe este tipo de urxencias tan dolorosas, custosas e imprescindibles polo que unha vez máis se demostra que os recortes en sanidade e en recursos públicos deste tipo son absolutamente reprobables.
 
Asociacion Galega para a Defensa da Sanidade Pública
 
 
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios se publicaran previa moderación por el administrador del blog, no se publicaran aquellos que sean ofensivos o empleen insultos contra terceros.