martes, 3 de abril de 2012


Comunicado da ADSP sobre o Novo Hospital de Vigo

 A Asociacion Para a Defensa da Sanidade Pública de Vigo  (ADSP) ante as ameazas de “recorrer a todo”,  proferidas por representantes do PP para evitar a paralización do Novo Hospital de Vigo quere comunicar que:


1.- Consideramos que a negativa do Concello de Vigo a asumir as acometidas (subministración eléctrica, saneamento e abastecemento), desta infraestrutura supón unha defensa do carácter público do Novo Hospital que pretende ser privatizado polo Goberno da Xunta de Galicia.

2.- Cremos que estas declaracións están dirixidas a ocultar os problemas de financiamento do Novo Hospital derivados do seu carácter público-privado: É de dominio público que as entidades bancarias que deberían financiar a obra teñen gravísimos problemas de solvencia económica polo que están recibindo diñeiro público para saír á boia.  E máis que  previsible que en Xunio podan quedar paralizadas as obras por falta de fondos

2.- Esiximos de acordo ao espírito da nova Lei de Transparencia anunciada polo goberno Central (tamén en mans do PP), que a Xunta informe sobre o proxecto de execución da obra, que sabemos que foi modificado polas empresas concesionarias para reducilo de xeito brutal coa finalidade de facelo máis rendible para os seus intereses empresariais

3.- Neste mesmo sentido esiximos que se aclare o número de camas, servizos e recursos que vai ser dotado xa que Gerens Hill International (empresa seleccionada polo consorcio que forman a Xunta e as firmas adxudicatarias do hospital para controlar e supervisar a construción do hospital), cifraba, na súa páxina WEB,  en 900 as camas para as que terá espazo a infraestrutura sanitaria, fronte ás 1.490 do proxecto público inicial.

Esta Asociación solicita ao Concello de Vigo que se manteña firme na súa negativa a colaborar cun proxecto de Hospital Privado, financiado con fondos públicos (cun custo sete veces máis elevado que o real),  que reducirá dramaticamente a dotación,  equipamento e o carácter docente e investigador do mesmo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios se publicaran previa moderación por el administrador del blog, no se publicaran aquellos que sean ofensivos o empleen insultos contra terceros.