lunes, 27 de agosto de 2012


Feijóo falla no seu principal proxecto en Vigo.

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Vigo  confirma as súas sospeitas sobre o parón  das obras do Novo Hospital de Vigo por carecer de fondos e esixe a inmediata dimisión da Conselleira de Sanidade por mentir.


 A  Plataforma en Defensa dá Sanidade Pública de Vigo presentou en abril do ano pasado un recurso judicial contencioso-administrativo contra a decisión do SERGAS de deixar en mans de empresas privadas o Novo Hospital de Vigo.

Un dos múltiples motivos alegados pola Plataforma nese recurso xudicial era o de que o modelo privatizador elixido polo SERGAS ten un custo significativamente maior que se se xestionase públicamente e iso entre outras razóns porque “os mercados de crédito a empresas privadas practicamente desapareceron e son ineficientes como fonte de financiamento a longo prazo, sendo inxenuo esperar que os mercados volvan a intereses tan baixos como os de épocas pasadas” (Price-Waterhouse-Coopers 2008). A pesar destas razoadas consideracións, avaladas pola cidadanía en manifestacións multitudinarias, nin desde a Presidencia da Xunta nin desde a Consellería de Sanidade rectificaron senón todo o contrario.

O tempo dá a razón a Plataforma na denuncia de falta de fondos da concesionaria para afrontar a construción do Novo Hospital, agora privado, (como se mostrou documentalmente na Roda de Prensa) mentres que a máxima responsable da Sanidade Pública galega  minte afirmando o contrario diante de máis dun centenar de representantes da sociedade viguesa: empresarios, médicos, o presidente do Colexio de Médicos de Pontevedra, o reitor da Universidade de Vigo e outras autoridades, na súa visita ao Club Financieiro de Vigo o pasado 4 de Xullo.

 Por estas mentiras e polos graves prexuízos que o modelo de financiamento privado supuxo para a sanidade pública de Vigo esiximos a súa inmediata dimisión.

 A Plataforma esixe así mesmo  o rescate inmediato da Concesión da obra do novo hospital por a Xunta de Galicia para que se corrixan os recortes introducidos no proxecto para garantir o negocio ás concesionarias e para que se renoven de xeito urxente as obras dada a grave situación pola que pasa a asistencia hospitalaria de Vigo.

 A Plataforma  denuncia a pretensión da Sociedade Concesionaria de que el Juzgado le imponga una condena en costas habida cuenta que lo hace sin aportar prueba algunha.

Para finalizar, la Plataforma recuerda al Presidente de la Xunta, que ya es demasiado su retraso en dar cumplimiento a lo que el texto de la Resolución legislativa aprobada por el Pleno del Parlamento Europeo en su sesión de 26 de Octubre de 2006 sobre la colaboración público-privada y el Derecho comunitario en materia de contratación pública y concesiones (2006/2043) recomienda en su punto 14 que es que “en la aplicación de las colaboraciones privadas-pública se prevea la rendición de cuentas obligatoria a los ciudadanos”.

Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública de Vigo

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios se publicaran previa moderación por el administrador del blog, no se publicaran aquellos que sean ofensivos o empleen insultos contra terceros.