viernes, 17 de febrero de 2012


Contra el Anuncio de financiación privada del Hospital de Pontevedra

Ante a noticia de que a Xunta de Galicia deu luz verde ao decreto de supramunicipalidad para a construción do Novo Hospital de Pontevedra acolléndose á fórmula de Financiamento Privada , a Asociacion para a Defensa da Sanidade Pública de Pontevedra quere comunicar que consideramos que esta declaración pode responder a dous obxectivos que rexeitamos rotundamente

1.- O farol de manter a ficción dun novo hospital que solucione os graves problemas asistenciais asociados a manter o actual Complexo Hospitalario dividido en dous edificios , coa fractura funcional e asistencial que isto supón,  que e está repercutindo sobre a calidade das atención dos pacientes. Respecto disto a nosa Asociación volve recordar que o proxecto de ampliación de Montecelo para levantar o Hospital Único leva máis de tres anos paralizado.

2.- O empecinamento nunha política obscena de levantar un hospital mediante unha fórmula que multiplica por máis de sete o custo da obra (o por máis de dez a alternativa de ampliar Montecelo) , cando se deixa ás persoas sen recursos sen dereito á asistencia, faise pagar as próteses aos operados, redúcese a asistencial do hospital ( incrementando así as listas de espera), suprímense servizos de ambulancia, paralízase a construción de centros de saúde ou se conxelan as prazas de medicos de familia ou enfermería necesarios para acabar coa masificación da tención primaria, etcc, etc. en base á crise económica

A nosa asociación reitera a súa esixencia de retomar o proxecto de ampliación do Hospital Montecelo que non reducirá os recurso e será moito menos custoso para unha sanidade pública en crise.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios se publicaran previa moderación por el administrador del blog, no se publicaran aquellos que sean ofensivos o empleen insultos contra terceros.