viernes, 18 de noviembre de 2011


AGDSP denuncia recorte próteses a enfermos


A Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública quere denunciar que a administración sanitaria galega, nunha fuxida adiante sen precedentes , vai introducir un novo recorte no dereito á atención sanitaria en Galicia, que neste caso afectará aos sectores sanitarios afectados por graves problemas de saúde como son as persoas con amputacións, cancro, parálise minusvalías graves e incapacitantes


Preténdese que as persoas que precisen próteses, cadeiras de rodas, dispositivos para camiñar, etc. deberán pagar os mesmos cando os reciban nos centros sanitarios ou nos establecementos orto-protésicos e posteriormente reclamar o seu reintegro ao SERGAS, solicitude que poderá ou non ser satisfeita pola administración en función da dispoñibilidade económica .


Esta decisión supón que unha parte importante destes pacientes non poderán adquirir as próteses ou dispositivos que necesitan para paliar as súas discapacidades ou limitacións por problemas económicos, xa que a gran maioría son persoas maiores pensionistas ou en situación de discapacidade laboral por padecer enfermidades graves ou intervencións cirúrxicas importantes e traumáticas, que determinan unha diminución importante de ingresos económicos.


A nosa Asociación advirte a toda a cidadanía e aos profesionais sanitarios de que se a administración sanitaria galega, no seu afán de aforrar gasto custe, é capaz de perpetrar esta tropelía con un colectivo tan vulnerable e necesitado, ten que esperar recortes brutais no conxunto dos servizos sanitarios.


Esiximos que se retire de xeito inmediato esta decisión por vulnerar gravemente o dereito á asistencia sanitaria, dun sector especialmente vulnerable e necesitado que precisa políticas de apoio especial.


Manuel Martín Garcia
Portavoz Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios se publicaran previa moderación por el administrador del blog, no se publicaran aquellos que sean ofensivos o empleen insultos contra terceros.