jueves, 24 de noviembre de 2011


NOTA AGDSP SOBRE A PRETENSION DE NUÑEZ FEIJOO DE FACER PAGAR AS RECEITAS AOS PENSIONISTAS

As declaracións do Presidente da Xunta de Galicia sobre a súa intención de aplicar copagos na prestación farmacéutica supón un novo paso na súa estratexia solapada pero cada vez máis acelerada de introducir os o copago na sanidade pública galega co argumento de que a crise obriga a recortar gasto público (súmase á pretensión de pagar ás persoas que se lles esgota o paro, aos que fan un uso irresponsable dos servizo, aos que precisan próteses, etc)




1.- Esta medida pretende facer pagar as receitas aos pensionistas o que supón unha medida discriminatoria que limitará o acceso dos pensionistas á atención sanitaria e afectar á súa saúde

-          Os pensionistas son as persoas con menos ingresos e con mais necesidades de medicamentos por padecer enfermidades crónicas. Son moi poucos os pensionistas que non toman medicación de xeito habitual e frecuentemente adoitan necesitar varios medicamentos para a súa múltiples doenzas .

-          As pensións en Galicia son moi baixas cunha media de 767 euros. O 75% dos pensionistas non supera os 1.000 euros mensuais, o 1% os 1.500 euros mes e só o 0,5% os 2.000 euros..

-          Os pensionistas presentan outras ademais outras limitacións que lles supón gastos moi significativos e Núñez Feijoo paralizou o desenvolvemento da Lei de Dependencia


2.- Esta medida é ademais inxusta ademais por que os responsables da prescrición non son os pensionistas senón os médicos que recetan os medicamentos (que sofren a presión da industria farmacéutica).


3.- Núñez Feijoo pretende facer pagar a crise as persoas vulnerables e desprotexidas, mentres promete rebaixar os impostos aos máis ricos e poderosos


Manuel Martín  Garcia
Portavoz  Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios se publicaran previa moderación por el administrador del blog, no se publicaran aquellos que sean ofensivos o empleen insultos contra terceros.