Acordo da Mesa do Parlamento de Galicia, do 21 de decembro de 2011, polo que se admite
a trámite a Proposición de lei de iniciativa lexislativa popular para a defensa e a promoción
da sanidade pública en Galicia.
A Mesa da Cámara, en sesión do 8 de novembro de 2011,
logo de examinada a Proposición de lei de iniciativa lexislativa
popular para a defensa e a promoción da sanidade
pública en Galicia (doc. núm. 73070), e visto o informe dos
Servizos Xurídicos, constatou que non achegaba:
- Unha declaración escrita por parte de todas e cada unha das
persoas que integran a comisión promotora, coa súa sinatura
persoal, de non estar incursas nas causas de inelixibilidade
ou incompatibilidade aplicables nas eleccións ao Parlamento
de Galicia, é dicir, as previstas nos artigos 4 e 6 da Lei autonómica
8/1985, do 13 de agosto.
- A certificación da Oficina do Censo Electoral que recolla
os elementos acreditativos da súa condición de electores.
Considerando que a omisión dos citados requisitos é un
defecto reparable conforme o disposto no artigo 6 b) da
citada lei, a Mesa acordou requirir a comisión promotora
para que no prazo dun mes os cumprise.
Visto o informe dos Servizos Xurídicos no que se manifesta
que a documentación presentada por María José Abuín
Álvarez, en representación da comisión promotora, cumpre
os requisitos legais que posibilitan a admisión a trámite da
dita proposición de lei, a Mesa adopta o seguinte acordo:
1.º) Admitir a trámite a Proposición de lei de iniciativa lexislativa
popular para a defensa e a promoción da sanidade
pública en Galicia.
2.º) Declarar constituída a comisión promotora cos seguintes membros:
D.ª María José Abuín Álvarez
D. Arístides Álvarez Arce
D. Carlos Jesús Álvarez Fernández
D.ª María Isabel García Díaz
D.ª María Dolores González Lorenzo
D. Manuel González Moreira
D. Xosé Miguel López Pérez
D. Manuel Martín García
D. Javier Martínez Fente
D.ª María Jesús Méndez Conde
D. Verísimo Pazos Besada
D. Carlos Piñeiro Díaz
D. Vicente Vázquez Freire
D. Ramón Veras Castro
Representante para os efectos de comunicación: D.ª María
José Abuín Álvarez.
3.º) Fixar como domicilio para os efectos de comunicación
o seguinte: Rúa Miguel Ferro Caaveiro, núm. 10, 15703-
Santiago de Compostela.
4.º) Notificarlles este acordo á representación da comisión
promotora, á Xunta Electoral de Galicia e ás delegacións
provinciais da Oficina do Censo Electoral, para os efectos
previstos nos artigos 7 e 8 da Lei 1/1988, do 19 de
xaneiro, de iniciativa lexislativa popular ante o Parlamento
de Galicia.
Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2011
Pilar Rojo Noguera
Presidenta
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios se publicaran previa moderación por el administrador del blog, no se publicaran aquellos que sean ofensivos o empleen insultos contra terceros.