miércoles, 7 de diciembre de 2011


En resposta a Nuñez Feijoo...

Ante as declaracións realizadas polo presidente de Galicia Núñez Feijoo nun programa de televisión sobre a súa intención de cobrar servizos non medicos nos hospitais públicos galegos , a Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública quere manifestar:

1.- Que esta medida supón outro paso máis na introdución do copago na sanidade pública galega, que se suma ao cobro pola tramitación dos cartóns sanitarios; o bloqueo do cartón aos parados de longa duración perdan o dereito ao desemprego; aos emigrantes con menos de 183 días empadroados; o pago por unha demanda irresponsable (¡¡¡????), o pago por adiantado das próteses dos enfermos que as necesiten; o pago por transporte en ambulancias, etc.

2.- Esta medida supón un grave atentado á equidade xa que diferenciará entre pacientes con recursos económicos e os que non os teñan á hora de recibir determinados servizos nos hospitais públicos.

3.- Neste mesmo sentido a medida suporá una barreira a atención hospitalaria para moita xente: O 60% das persoas que viven dun soldo gañan menos de 1.000 euros ao mes; existen 253.000 de parados na CCAA; a pensión media de Galicia está ao redor dos 600 euros ao mes. Con estes ingresos moitos pacientes deberán renunciar a comer, á ducha, ao cambio de roupa etc., ou simplemente abandonar o hospital

4.- É imposible diferenciar entre servizos sanitarios e non sanitarios na asistencia hospitalaria, xa que a limpeza, esterilización, hixiene persoal, alimentación, etc. son tan importantes como os de diagnóstico ou terapéuticos. No Reino Unido por mor da privatización dos servizos de limpeza subiu a mortalidade hospitalaria ata colocala á cabeza de Europa

Por todo isto a AGDSP esixe que o presidente rectifique estas propostas que non formaron parte da súa campaña electoral. O diñeiro que se obtería será unha menudencia se o comparamos co gasto hospitalario en medicamentos ou probas innecesarias, non decididas polos pacientes.

Manuel Martin garcia
Portavoz AGDSP

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios se publicaran previa moderación por el administrador del blog, no se publicaran aquellos que sean ofensivos o empleen insultos contra terceros.