domingo, 25 de diciembre de 2011


Cartas al Director de una trabajadora del CHUO

Accidente Laboral no Santa María Nai


Consuelo Cerreda López. (Ourense)
 

Quero poner en coñecemento da cidadanía de Ourense a falta de ética e moral que ten cos traballadores e enfermos o Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), en concreto no Santa Mari Nai, no meu nome, e no nome de todos os traballadores que deixan a súa vida no seu centro de traballo pola mala xestión dos xefes ou responsables no presuposto adicado ás obras de mantemento.

En setembro de 2010, estando traballando na terceira planta do Nai, tiven un accidente laboral provocado polas pésimas condicións do pavimento que estivo a piques de truncar a miña vida, acarrexándome unhas consecuencias que, despois dun ano, aínda arrastro. Repartindo as merendas ás 16 horas, o carro no que se portaban as bandexas veume enriba, partíndome a arteria subclavia dereita.

Todo esto acarréame 12 días en reanimación entibada e en coma, 33 días en ciruxía vascular, traqueotomía, edema pulmonar, fibrilación auricular, reticulopatía en ambos brazos, etcétera. Todo esto a cosecuencia dun servizo destrozado a nivel de mantemento. O tratamento psicolóxico non fixo que olvidara a miña dor nin a da miña familia, nin a peregrinación de milleiros de probas que despois dun ano non rematan nunca, xa que as listas de espera andan como vostedes saberán 'de aquela maneira'. Con este escrito quero manifestar o meu malestar porque despois deste largo ano as deficencias do pavimento na devandita planta seguen sen arranxarse.

CARTAS AL DIRECTOR LA REGIÓN OURENSE.

PINCHA   AQUÍ    PARA VER LA NOTICIA EN EL PERIÓDICO DIGITAL.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios se publicaran previa moderación por el administrador del blog, no se publicaran aquellos que sean ofensivos o empleen insultos contra terceros.