lunes, 19 de diciembre de 2011


CONCENTRACIÓN PARLAMENTO DE GALICIA MÉRCORES 21 DE DECEMBRO.

NOTA DE PRENSA

Dende a Plataforma SOS Sanidade Pública (DA QUE FORMA PARTE PRO SANIDADE DIGNA) queremos facer chegar ao Parlamento de Galicia o  rexeitamento aos recortes e privatizacións dos servizos sanitarios que está levando a cabo o goberno da Xunta de Galicia, algunha de cuxas medidas pretender pór en marcha a través dos Orzamentos da CCAA do ano 2012.

Por este motivo a Plataforma SOS Sanidade Pública convoca unha concentración maña dia 21 de decembro ás 5 da tarde diante do Parlamento de Galicia, aos representantes das Plataforma para a Defensa da Sanidade Pública e as organizacións que a integran coincidindo co debate da Lei de Acompañamento dos  orzamentos sanitarios para o próximo ano, diante do Parlamento de Galicia ( para a que se solicitou autorización legal).

Na concentración a Plataforma fará entrega aos parlamentarios dunha bolsa de supervivencia que deberan levar aqueles enfermos que sexan hospitalizados nos centros públicos, se sae adiante a estratexia do presidente Núñez Feijoo de facer pagar os servizos de comida, limpeza, hixiene, etc.

Aínda que  á mesma están convocados representes das Plataformas para a Defensa da Sanidade Pública e das organizacións que integran SOS Sanidade Pública, facemos extensivo o chamamento a todos os cidadáns que queiran a que se somen á mesma, dado que os recortes e privatizacións afectaran gravemente a todos os galegos/as e quen residen na CCAA.

NOTA: DENDE PRO SANIDADE DIGNA, ACUDIRÁ UNHA REPRESENTACIÓN DE CINCO PERSOAS, COA SUA PANCARTA EN REPRESENTACIÓN DA NOSA AFILIACIÓN. DENDE ALÍ E EN TEMPO REAL, TENTAREMOS DE COLGAR FOTOS E RELATAR CANTO ESTÉ A ACONTECER.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios se publicaran previa moderación por el administrador del blog, no se publicaran aquellos que sean ofensivos o empleen insultos contra terceros.