viernes, 30 de diciembre de 2011


Declaraciones de SOS Galicia, nombramiento de Pilar Farjas como Secretaria de Estado

Ante a noticia do cese de Pilar Farjas como Conselleirea de Sanidade  para ocupar a Secretaría General de Ministerio de Sanidade a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública quere comunicar que

1.- Non entendemos os motivos para este nomeamento dado que a súa xestión como á fronte a Sanidade Pública a Galega caracterizouse por unha política baseada nos recorte do gasto que condicionaron a paralización do Plan de Mellora da Atención Primaria, a supresión da actividade dos centros públicos pola tarde, a supresión de servizos en radioloxía, laboratorio ou ambulancias, a supresiuón do dereito á asistencia sanitaria aos parados de longa duración, as persoas sen recursos e aos emigrantes; o desmantelamento das áreas sanitarias; a privatización de parcelas do sistema como a central de compras ou a informática; a introdución solapada do copago; e unha aposta decidida polo financiamento privado das novas infraestruturas hospitalarias e de AP favorecendo a grupos empresariais e financeiros afíns ao PP e, que vai deixar e mans privadas a xestión dos centros sanitarios, hipotecando o sistema e pondo en risco a súa sustenibilidade pola súa elevadísimo custo.

2.- O único punto positivo da súa xestión foi a aposta polos medicamentos xenéricos que puxo en marcha sen ter en conta aos sanitarios e enfrontándose a Ministerio de Sanidade que agora vai presidir, xerando un conflito profesional e institucional que resto eficacia á medida.

3.- Aínda que a sanidade galega librouse deste personaxe, desde a nosa Asociación advertimos que o seu nomeamento á fronte do Ministerio supón que o novo goberno de Mariano Rajoy aposta por unha política sanitaria a nivel estatal baseada nos recortes, a descapitalización, privatización e o copago

Manuel Martín García

1 comentario:

Los comentarios se publicaran previa moderación por el administrador del blog, no se publicaran aquellos que sean ofensivos o empleen insultos contra terceros.