lunes, 23 de enero de 2012


Concentración dos traballadores de Urxencias do CHUO

Traballadores de Urxencias alertan
da mala xestión do servizo



 
Os traballadores de Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense -CHOU- criticaron este luns a mala xestión deste servizo sanitario, e sinalaron que algúns pacientes esperan "ata tres días'' para coñecer se son finalmente ingresados.




"Desde hai dous meses non se está ingresando aos pacientes en planta e quedan en observación como pre-ingresos, cando hai camas baleiras", dixo Purificación Paradela, portavoz da comisión de centro do hospital durante a concentración celebrada esta tarde diante da porta de Urxencias.


Segundo esta traballadora, decenas de pacientes están a quedar "camuflados" en Urxencias, e dixo que chegou a haber ata "corenta pacientes nos corredores, que se van e volven en dous días, para, nalgúns casos, acabar na UCI, de forma que non hai sitio para os novos pacientes que entran".

Coa implantación do novo sistema de xestión, a comisión advirte de que non só aumentou o número de observacións "do 10 ao 40%", senón que iso levou "a saturación do servizo, co amontoamento de padiolas nos corredores, privando aos enfermos de intimidade".

Paradela achaca esta a o intento da xerencia de xustificar o "recorte de camas" tras o peche de Piñor, actualmente reconvertido en hospital para enfermos de saúde mental.

Fronte a esta situación, denuncian que o CHOU a única resposta que lles deu é que o atribúen a brotes "puntuais, cando a realidade é que puntualmente todos os días sufrimos esta situación", indicou.


Ver noticia original pinchando  aquí

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios se publicaran previa moderación por el administrador del blog, no se publicaran aquellos que sean ofensivos o empleen insultos contra terceros.