Ante a confirmación de que o presidente da Xunta Nuñez Feijoo , facendo á vez de presidente do PP de Galicia e de conselleiro de sanidade na sombra, se reunise en segredo cos xefes de servizo do hospital de Vigo a Asociación Galega para a Densa da sanidade Pública quere comunicar que consideremos que:
O acto como propaganda destinado a convencer aos responsables dos servizos das bondades do Novo Hospital, (aínda que non mostrou os planos do mesmo)
A reunión con xefes de servizos do CHUVI foi un acto de partido no que o presidente actuou ademais de como presidente da Xunta como presidente do PP e conselleiro de sanidade, en presenza do deputado Miguel Santalices e do líder da oposición no concello de Vigo, o concelleiro JM Figueroa.
Consideramos contraditorias as afirmacións do o Presidente no acto de que o proxecto do Novo Hospital segue sen cambios e o mesmo tempo que o proxecto arquitectónico herdado do goberno anterior esixía moitos recursos humanos e debía ser modificado.
Consideramos un engano e una tomadura de pelo que por unha banda dixese que o hospital non se modifica e por outro que precisa cambios (estando ademais o hospital en fase de construción)
Esiximos, unha vez mais, que mostre o proxecto a Concello, profesionais e a opinión pública de Vigo.
1.- O proxecto de Novo Hospital estase desenvolvendo a costas dos profesionais do Centro, ao contrario do anterior proxecto que foi elaborado nun proceso participativo no que colaboraron todos os estamentos do Hospital. As reformas do proxecto foron elaboradas por unha empresa privada (Price Waterhause Cooper) seguindo as directrices de recorte e privatización marcadas pola Xunta.
2.-A empresa Gerens Hill International (contratada polo Consorcio Novo Hospital de Vigo, SA adxudicatario do Novo Hospital), comunicou na súa páxina WEB (que rapidamente borrou ao saltar o asunto aos medios) que o novo hospital terá unicamente 900 camas (un 40% menos das proxectadas) e sufrirá a desaparición dos módulos de investigación e docencia, así como as unidades de referencia de oncoloxía, queimados e máxilofacial. Por todo iso o centro reducirá a súa extensión en 28.000 metros cadrados. Ademais destes cambios o centro quedará en mans privadas e o custo a pagar pola administración galega pasara de 250 a 1.800 millóns de euros (unha hipoteca inasumible para o SERGAS no contexto da crise económica).
3.- Estes recortes realizáronse de costas aos profesionais e traballadores do centro, dos cidadáns e das autoridades municipais que deberían colaborar no proxecto.
4.-O financiamento e xestión privada cedida ao consorcio privado, e os recortes introducidos con vistas a facelo máis rendible para o consorcio e para manter o Concerto Singular con POVISA (grupo empresarial do que formaba parte a actual Conselleira Rocío Mosquera) suporá unha vez máis a marxinación sanitaria do Vigo que seguirá sometida á hexemonía dos grandes centros sanitarios do Norte de Galicia.
Como conclusión de todo o que antecede, pedimos ao presidente Feijoo que deixe de actuar como conselleiro de sanidade na sombra e asuma o seu papel de presidente da Xunta substituíndo o escurantismo que preside todo o que afecta ao NH de Vigo desde que preside a Xunta fai case xa tres anos, por unha política de transparencia respecto da cidadanía viguesa da que ademais é conveciño.
En aras desta exixible transparencia acerca dun asunto tan serio e importante como é o NH de Vigo, emprazámolo a que presente xa ao Concello e ao alcalde da Cidade os planos detallados e compareza cos mesmos ante os medios de comunicación e a cidadanía.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios se publicaran previa moderación por el administrador del blog, no se publicaran aquellos que sean ofensivos o empleen insultos contra terceros.