miércoles, 4 de enero de 2012


Peche das farmacias de garda

A Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública ante o acordo da Consellería de Sanidade de autorizar o peche xeneralizado de farmacias de garda nas áreas onde non existan Puntos de Atención continuada (PAC), respondendo ás demandas dun sector de farmacéuticos,  quere expresar:

1.      Que esta medida supón un paso máis na brutal escalada de recortes de dereitos sanitarios dos cidadáns galegos, neste caso no dereito á dispensación de medicamentos no horario de urxencias, que afectará especialmente ás persoas que vivan no rural. Por esta causa moitas persoas veranse obrigadas a desprazarse moitos quilómetros para poder acceder aos medicamentos que necesitan

2.      As farmacias son un servizo sanitario público que ten concedido a dispensación de medicamentos con carácter monopolístico así como a capacidade de regular a competencia decidindo onde se sitúan novas farmacias para evitar a competencia. Hai moitos farmacéuticos en paro que estarían encantados de cubrir as gardas farmacéuticas

3.      Consideramos que non son aceptables criterios de aforro (ardor de 300 euros por noite) nin de comodidade xa que os farmacéuticos, do mesmo xeito que os médicos, enfermeiras e o resto de profesionais sanitarios, deben garantir a continuidade da atención sanitaria dos cidadáns en condicións de accesibilidade e equidade que esta decisión conculca.

4.      Rexeitamos xa que logo esta nova medida que atenta contra os dereitos sanitarios dos cidadáns que a Xunta está empeñada en recortar por motivos económicos

1 comentario:

  1. una farmacia de guardia esta para dispensar los medicamentos prescritos por un medico de urgencias y entonces no tiene sentido que haya una farmacia de urgencia en lugares donde no hay un PAC que es el lugar al que debe acudir un enfermo si precisa de un medico de urgencias y donde hay un PAC hay una Farmacia de guardia.
    Los servicio de urgencias no deben usarse a capricho o por falta de prevision (leche chupetes, compresas, preservativos...)sino cuando sea realmente necesarios y asi se contribuye a la mejora de la Sanidad.
    No seamos comodos o llegaremos a pedir que este de guardia un super,una libreria.....
    Y recordemos que las Farmacias de guardia solo estan para dispensar recetas de urgencia

    ResponderEliminar

Los comentarios se publicaran previa moderación por el administrador del blog, no se publicaran aquellos que sean ofensivos o empleen insultos contra terceros.