Lonxe disto, a situación en Ourense pon de manifesto un grave, paulatino e premeditado (por parte da Administración autonómica) deterioro do sistema público de saúde
( pincha aquí para ver informe elaborado por esta plataforma ).
Mais pensamos que outros servizos públicos corren o mesmo perigo que corre a Sanidade. A Educación, os Servizos Sociais, os dispositivos de prevención e extinción de incendios, todo o relacionado coa Lei de Dependencia... tamén están vendo cómo a chamada política de austeridade só se traduce en recortes, peches de instalacións, cesamentos de persoal etc. mentres se incrementan subvencións a centros privados ou se derivan e subcontratan actividades fundamentais dos servizos públicos a empresas "amigas".
Por todo isto, desde a Plataforma pola Defensa e Mellora da Sanidade Pública de Ourense, facemos un chamamento a todas as organizacións relacionadas cos servizos públicos, ou preocupadas polo seu futuro, a participar nunha ASEMBLEA ABERTA que terá lugar o vindeiro XOVES 15 de SETEMBRO ás 19:00 horas NO SALÓN DE ACTOS DA CASA SINDICAL DE OURENSE (Parque de San Lázaro nº 12).
A finalidade é avaliar a situación e propoñer medidas.
O chamamento está feito como AUTOCONVOCATORIA, polo que sería convinte espallar esta convocatoria o máximo posíbel para que chegue ao maior número de persoas e entidades.
Especial atención debe merecer, para o éxito da mesma, as organizacións sindicais do ámbito da sanidade e da educación, as organizacións estudiantís e xuvenís, os movementos sociais e veciñais, as asciacións de nais e pais, os colexios e grupos profesionais relacionados cos servizos públicos... Todas e todos debemos implicarnos.
¡¡¡ Vémonos o 15 de setembro !!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios se publicaran previa moderación por el administrador del blog, no se publicaran aquellos que sean ofensivos o empleen insultos contra terceros.