lunes, 26 de septiembre de 2011


Incremento nos Seguros Médicos Privados

Ante as noticias de que Galicia se está producindo un incremento nos seguros privados asociados aos recortes e a consecuente deterioración da Sanidade Pública[1], a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública quere alertar á opinión pública sobre as graves consecuencias que tería para a atención sanitaria e para a equidad, a estratexia da actual administración de potenciar e apoiar desde a administración sanitaria os seguros privados complementarios para os grupos de poboación con maior capacidade económica:

Esta política que deixaría para o sistema público (beneficencia) aos grupos sociais con menor capacidade económica para adquirilos, tería ademais importantes repercusións sanitarias

As empresas aseguradoras privadas son empresas que buscan fundamentalmente o lucro e a ganancia na atención sanitaria polo que

1.- Rexeitan ás persoas con problemas e riscos de saúde
• Esixen aos novos asegurados unha saúde case perfecta. Antes de aceptar a un cliente sométeno a un exhaustivo recoñecemento médico tras o cal decidirase se é admitido ou non.
• Ante a máis mínima sospeita de que presente complicacións de saúde as persoas son rexeitadas.
• Pon trabas ao uso dos recursos contratados
• Aplican períodos de carencia á entrada en vigor das pólizas polo que o dereito á atención non é efectivo desde o principio (isto ten por finalidade evitar clientes que buscan beneficiarse inmediatamente da sanidade privada ou previr a contratación de usuarios problemáticos).

2.- Discriminan a mulleres e anciáns
• Discriminan ás mulleres en idade fértil, (que usan frecuentemente as consultas de xinecoloxía e obstetricia)
• Incrementan as primas entre o 75 e o 100% aos maiores de 65 anos
• A oferta é menor nas áreas rurais ou menos desenvolvidas economicamente que ofrecen menos oportunidade de negocio

3.- Introducen moitas limitacións na letra pequena
• As aseguradoras establecen limitacións sendo as exclusións máis xeneralizadas: O SIDA, as drogodependencias, o alcoholismo, os tratamentos para a esterilidade ou infertilidade, a interrupción voluntaria do embarazo, a cirurxía estética, o tratamento do cancro ou os transplantes..
• Tampouco cobren os danos por práctica de deportes, catástrofes meteorolóxicas, sísmicas ou inundacións, nin o custo dos medicamentos
• Establecen límites á hospitalización (especialmente ás máis custosas).


(1 As persoas con seguros privados creceron no 2011 en 10.646 cun incremento do 4% no volume de primas e un total de 250 millóns de euros)

Manuel Martín García
Portavoz Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios se publicaran previa moderación por el administrador del blog, no se publicaran aquellos que sean ofensivos o empleen insultos contra terceros.