Traballadores de Toén e Piñor crean a asociación Prosadi
Denunciará as malas praxes que detecten na sanidade pública ourensá.A defensa dunha sanidade pública, digna e gratuíta é o obxectivo da recentemente creada asociación Prosadi (Prosanidade Digna de Ourense). Formada nun principio por traballadores de Piñor e Toén que defendían o mantemento destes dous hospitais, agora ábrese á toda a cidadanía.
Esta asociación sen ánimo de lucro ten dous obxectivos claros: crear unha corrente de opinión cidadá e de profesionais a favor duns servizos públicos de calidade, garantía de igualdade e cohesión social, e denunciar os ataques que sofre a sanidade ourensá. “Queremos una sanidad integral, digna y gratuita para siempre”, reclamaba Isabel Martín, vocal de Prosadi.
No acto da súa presentación pública como asociación, o seu compañeiro e vicepresidente de Prosadi, Luis Varela, lía un manifesto no que denunciaba os “recortes tan brutais que afectan ás políticas sociais” por parte das administracións e anunciaba un outono “quente en mobilizacións”. Varela acusaba ao Goberno galego de manipular os datos do gasto público en sanidade para xustificar os recortes nesta área: “pretenden que o universal pase a ser universalmente privatizado”, concluía, recordando que o crecemento do gasto sanitario por habitante en Galicia é menor que o doutros países do noso contorno.
Entre os recortes que a Xunta está a exercer na sanidade pública citaba a redución do número de traballadores, o abandono do Plan de Saúde Mental, as esperas “interminables” en Urxencias, a ocultación de listas de espera non estruturais, o peche de camas no verán ou “o maior recorte da historia en Atención Primaria”.
Prosadi está integrada na Plataforma pro sanidade pública de Ourense e destaca pola súa presenza nas redes sociais, cun blog propio (prosadiourense.blogspot.com) e presenza en Facebook e Twitter, así como un teléfono de contacto (671 112 206).
MUNDOURENSE.COM
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios se publicaran previa moderación por el administrador del blog, no se publicaran aquellos que sean ofensivos o empleen insultos contra terceros.