A comisión de centro do CHUO, denuncia o colapso do complexo hospitalario que a día de hoxe ten 47 pacientes ingresados sen ubicar. Non se trata dun problema puntual senón que se ven repetindo ao longo de todo o mes de setembro, pois na semana pasada o martes había 27 o mércores 33, o xoves 23 e o venres outros 23.Non é habitual que nestas datas se produza un sobreaforo destas dimensións dada a ausencia de repuntes de patoloxías propias doutras épocas estacionais.
Tal e como esta comisión ven denunciando reiteradamente, o que acontece, é que hai un aumento no número de camas pechadas en comparación con anos anteriores, camas que continúan pechadas a día de hoxe. A falla reiterada de persoal que se leva constatado ao longo deste periodo estival e que afecta a todos os colectivos de traballadores (os cales non son sustituídos en diversos tipos de ausencias regulamentarias), o que conleva unha sobrecarga de traballo nos servizos que a sofren.
Queremos facer fincapé no déficit en servizos tan estratéxicos como urxencias e hospitalización a domicilio.
Esta falla de persoal e de camas só conleva a disminución da seguridade e calidade na atención aos doentes. Pola experiencia que temos vivido durante os últimos anos, a situación vai a empeorar, xa que esta xerencia non é quen de tomar as medidas axeitadas. Este modelo de xestión só favorece a desorganización e o caos na atención , co deterioro da mesma e os riscos que conleva.
En Ourense, 26 de setembro de 2011
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios se publicaran previa moderación por el administrador del blog, no se publicaran aquellos que sean ofensivos o empleen insultos contra terceros.