miércoles, 7 de septiembre de 2011


A Xunta elude responder ao BNG sobre a paralización do CHUO

Ana Luísa Bouza  asegura  que o PP utiliza “a táctica” de non incluír partidas orzamentarias  co fin de afogar  economicamente o centro pero votan en contra da rebaixa do soldo da xerente do CHOU que ascende a cen mil euros.

A portavoz de sanidade do BNG, Ana Luísa Bouza afirmou  hoxe, na comisión de sanidade celebrada no Parlamento galego, que  o Partido popular non da explicacións sobre a paralización do  Plan director do Complexo Hospitalario de Ourense nin está disposto a activalo.
Bouza explicou que a previsión de investimento  neste complexo  entre  anos 2008 e 2013 ascendía a 140 millóns de euros destinados á  construción dun novo edificio de hospitalización,  integración dos diferentes edificios para evitar duplicidades e  ampliación dos  servizos   que atenden a máis de 260.000 habitantes pero tras dou dous anos e medio, “o plan segue paralizado”.

80.000 euros para o CHOU e 100.000 de salario para a Xerente

A parlamentaria nacionalista, ante a negativa da Xerente do SERGAS, Rocio Mosquera a responder ás preguntas formuladas reiterou que, nos dous anos de Goberno do Partido popular, a sanidade ourensá está a vivir un continuo deterioro polo recorte de recursos humanos e materiais e acusou  ao Partido popular  de utilizar “un dobre raseiro” por negar  partidas orzamentarias para o centro hospitalario mentres  vota en contra de reducir o soldo da xerente  do CHOU, Eloina Núñez, que ascende a 100.000 euros anuais, “trinta mil euros máis que a conselleira de Sanidade e vinte mil máis que o Presidente da Xunta”.
A nacionalista  cualificou de “desprezo a milleiros do ourensás” a paralización de ampliacións e melloras de infraestruturas previstas polo Plan director do CHOU e lembrou que a falta destes recursos quedan reflectidos nos 80.000 euros que aparecen como dotación orzamentaria para o ano 2011, “vinte mil menos do que cobra a xerente do CHOU”-dixo-.

Sanidade non confirma a activación do Plan director de Ourense

Neste sentido, engadiu que trala chegada do Partido popular á Xunta, o plan foi paralizado  e na actualidade,  “non existe outro  con liñas de actuacións temporalizadas nin compromiso orzamentario”.
Para  Bouza, en ningún momento o Goberno deu explicacións desta paralización durante dous anos e medio e trala resposta da Xerente do Sergas, -dixo- seguen na mesma liña, dixo.

A parlamentaria tamén se referiu na súa intervención as demandas da Plataforma da Sanidade de Ourense que reclaman: non prescindir de ningunha cama hospitalaria, un novo edificio de rehabilitación psiquiátrica e o uso sociosanitario dos espazos abandonados.

Fuente: http://www.bng-galiza.org/opencms/opencms/BNG/parlamentogalego/contidos/novas/novas/nova_4000.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los comentarios se publicaran previa moderación por el administrador del blog, no se publicaran aquellos que sean ofensivos o empleen insultos contra terceros.