Actores deron vida a unha aula de protesta contra a política educativa
A Praza Maior de Ourense converteuse onte nun aula reivindicativa con 18 alumnos ficticios sentados e polo menos 300 facendo de público.(según publica hoy La Voz de Galicia) A clase, dada con moita gracia pola mestra, tamén ficticia, amosou materias como as matemáticas, nas que mentres ela ensinaba a restar calidade, por imperativo da Consellería de Educación, os alumnos insistían en sumar.
Así aprenderon que a Xunta suprimiu 16 unidades de primaria na provincia e dúas de infantil, no Inmaculada de Ourense e no Manuel Respino de A Rúa. «Isto fai un total de 2 escolas unitarias e 36 aulas pechadas e máis de tres mestres menos», dixo un dos alumnos en tono de azafata do programa Un, dos, tres. Pero a mestra engadiu máis restas na secundaria, onde outro alumno aventallado subliñou a supresión de 30 postos de traballo de docentes no ensino público.
Díxolles a mestra que o goberno galego suma así: «Máis alumnos por clase e máis profesores que imparten materias afíns». Por iso ela estáballes dando matemáticas, logo educación física e para rematar, música mentres os estudantes pedían un mestre especializado nesas asignaturas. Todos resolveron esta ecuación: «Máis alumnos por menos profesores igual a empeoramento da calidade do ensino».
Os presentes tiñan que saltar se a mestra dicía algo verdadeiro, como que todo profesor de infantil e primaria está obrigado a asumir materias nas que non é especialista. E xiraban se a cousa era verdadeira, como que aumentar o horario dos mestres mellorará a atención aos alumnos. E para rematar, música. Todos cantaron co ritmo do Waka waka de Shakira unha canción dos novos recortes por imposición. Foi unha protesta organizada pola plataforma contra os recortes nos servizos públicos.
O próximo acto desta plataforma será o luns 17, co enterro dos servizos públicos polo centro da cidade desde as 19.00 horas. E o día 20, manifestación.
Concentracións hoxe
A plataforma sindical do ensino promove hoxe concentracións de profesores nos recreos contra os recortes da consellería. E o día 18 teñen prevista unha manifestación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios se publicaran previa moderación por el administrador del blog, no se publicaran aquellos que sean ofensivos o empleen insultos contra terceros.