Blog de la Asociación sin Ánimo de Lucro, PRO SANIDADE DIGNA DE OURENSE, nacida de la constacia y perseverancia de un grupo de personas, trabajadoras en su mayoría de la Sanidad Pública, por la defensa de los hospitales de Piñor y Toén... LA SANIDAD PÚBLICA ES DE TODOS Y TODAS
jueves, 27 de octubre de 2011
Manifiesto SOS Sanidade Pública Área de Vigo
Boas noites á cidadanía de todos os concellos do sur da provincia e do contorno da Ría de Vigo, que hoxe facedes o esforzo de estar de novo aquí nesta gran manifestación, defendendo á Sanidade Pública.
E non estamos sos, esta noite en toda Galicia, hai miles de persoas na rúa como estamos nós.
Grazas a todas e todos os que fixeron posibles estas mobilizacións: Asociacións de Veciños, partidos políticos, asociacións profesionais, de mulleres, sociais, e tódolos sindicatos agás un, o sindicato corporativo médico que decidiu absterse, …como pode alguén absterse diante do recorte de camas e de prestacións á cidadanía?
Esta manifestación supón o reinicio doutras que seguirán NA DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA e fundamentalmente por UN HOSPITAL 100% PÚBLICO E SEN RECORTES para os 600.000 habitantes desta comarca.
Antes de nada queremos amosar a nosa solidariedade cos que sofren máis directamente as consecuencias desta crise creada polos especuladores e poderosos, responsables deste sistema inxusto. Queremos SOLIDARIZARNOS cos 60.000, si 60.000 PARADAS E PARADOS da nosa comarca, por elo o domingo 6 de novembro, ás 12 da mañá, estaremos, todas e todos, outra vez na rúa, na GRAN MANIFESTACIÓN convocada dende a pza de España, onde a cidadanía de Vigo e da súa comarca mobilizarase para esixir un cambio radical, un xiro nas políticas económicas e de emprego, que coloquen como obxectivo central o estímulo da actividade económica, do crecemento económico e, polo tanto, a creación de emprego.
---------------------------------------
A manifestación de hoxe ten que ser o reinicio doutras mais e mais importantes CONTRA O ATAQUE BRUTAL A SANIDADE PÚBLICA; se hoxe temos miles de persoas en listas de espera, peches de camas, quirófanos, urxencias saturadas , dotación insuficiente nos centros de saúde, merma de plantillas debido a non reposición do 100% das vacantes, falta de substitucións e mesmo centros sanitarios o futuro que nos están plantexando e aínda peor. Como exemplo valga os milleiros de persoas sen recursos que deixan sen cobertura sanitaria.
Queren construír un hospital xestionado de forma privada e que custará 1.800 millóns de €. E QUE SERÁ SOMENTES DE 900 CAMAS, e dicir catro veces mais caro do acordado fai 3 anos; privatizando unha parte do persoal, diminuíndo médicos e enfermeiras para facerlle fronte a un canon durante 20 anos que hipotecará a nosa sanidade.
O pasado martes a conselleira de sanidade aseguraba que o hospital tería 1.450 camas, pero a páxina Web de "Hill international”, empresa seleccionada para xestionar a construción do novo o hospital, o desminte e fala de 900 camas, e se temos en conta o peche do Xeral, Cíes, Rebullón e centros de especialidades, ¿que gañamos?.
Temos que facerlle fronte aos que queren converter a Sanidade NUN NEGOCIO en beneficio dos responsables da crise: construtoras, bancos e especuladores. NON NON NON A PRIVATIZACIÓN.
Queremos un Hospital público, cunha soia porta de urxencias para TODA a área sanitaria, con tódalas camas previstas e acordadas entre os profesionais e as forzas sociais, CUN GRAN CENTRO ONCOLÓXICO NO HOSPITAL DO MEIXOEIRO QUE SEXA REFERENCIA PARA TODO O SUR DE GALICIA. Queremos os mellores medios e tódolos profesionais necesarios para atender coa calidade que merecen os nosos veciños e veciñas.
Queremos que a incompetencia remate, comezando pola dimisión da Conselleira de Sanidade sra. Farjas que é incapaz de dicir unha soia verdade. Prometeu UN HOSPITAL PÚBLICO e fai un privado. Prometeu comezar as obras no ano 2009 e acaba de inicialas. Prometeu 5 centros de saúde novos na cidade de Vigo, nesta lexislatura, e nin os licitaron. E o centro de saúde de Navia que colleron xa en marcha e leva meses rematado e sen funcionar. E rematando polo Xerente do hospital incapaz de escoitar a voz dos profesionais e da cidadanía.
Os recortes na Sanidade Pública van sempre en contra da maioría social, en especial contra os mais desfavorecidos, e benefician ás empresas participantes da privatización.
Seguiremos.... Seguiremos.... e seguiremos até acadar unha sanidade pública de calidade para toda á cidadanía.
Vigo, 27 de outubro de 2011
SOS Sanidade Pública
Área de Vigo
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los comentarios se publicaran previa moderación por el administrador del blog, no se publicaran aquellos que sean ofensivos o empleen insultos contra terceros.